Galicia continúa no desenvolvemento do Xide coa creación de axendas de calidade propias para as unidades as

A Xunta de Galicia segue avanzando na implantación do seu Sistema de xestión integrada da demanda en equipo en atención primaria (XIDE), coa elaboración da axenda de calidade para as unidades administrativas dos centros de saúde. Así o anunciou esta tarde o xerente do Servizo Galego de Saúde, José Flores, durante a inauguración da "Xornada sobre a xestión da demanda en atención primaria: compartindo experiencias", que contou coa asistencia do secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade, Alberto Fuentes, quen clausurou o acto. Tamén asistiu a directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria, Estrella López-Pardo, así como profesionais dos servizos de saúde de Galicia, Andalucía, Canarias, Cataluña e País Vasco.

Sala de prensa Sergas (18/05/2022)

Segundo informou o xerente, por primeira vez, o persoal administrativo contará coa súa propia axenda e con sistemas de citación propios, o que contribuirá a un aumento da calidade organizativa no seu traballo diario. O pasado mes comezou a pilotaxe nos servizos de atención primaria da Estrada, Culleredo e Illas Canarias (Lugo), co obxectivo de que estea estendido a toda a Comunidade neste mesmo ano.
No transcurso da súa intervención, José Flores afirmou que “Galicia segue liderando os avances nunha cuestión tan complexa como é a xestión da demanda”. Proba disto, é que o Goberno central ven de incluír no seu Plan de Acción de Atención Primaria e Comunitaria a necesidade de que os servizos de saúde incorporen un sistema de xestión integral da demanda. Algo que desde o Sergas xa se puxo en marcha a finais do ano pasado e que, desde entón, non parou de medrar.
O encontro celebrado hoxe en Santiago de Compostela, serviu para afondar nunha necesidade común, como é a xestión da demanda en atención primaria, e que comparten o conxunto de servizos sanitarios do Sistema Nacional de Saúde. Así, a Consellería de Sanidade acolleu hoxe aos representantes sanitarios das comunidades autónomas que máis teñen avanzado na aplicación de novos modelos de xestión, co ánimo de poñer en común as súas experiencias e seguir avanzando na súa mellora.
Como destacou o xerente, "cos nosos sistemas de xestión da demanda, podemos determinar o ‘cando’ –se a atención ten que ser inmediata, no día ou ordinaria-; o ‘como’ –se a atención ten que ser presencial ou telefónica-; e o ‘quen’ –que profesional debe atender dita consulta". Así, dende que comezou a funcionar o XIDE, as citas forzadas diminuíron un 50%, axudando a reducir a sobrecarga nas axendas dos médicos de familia e, polo tanto, a optimizar a distribución de toda a demanda asistencial entre os profesionais de atención primaria.
Flores destacou que do conxunto de accións que o Ministerio de Saúde indica que teñen que desenvolver as Comunidades autónomas para impulsar a atención primaria, Galicia xa ten o 74% implantadas ou están en proceso de implantación.   

Imprimir  
Usamos cookies

Este portal web únicamente utiliza cookies propias con finalidad técnica, no recaba ni cede datos de carácter personal de los usuarios sin su consentimiento. Sin embargo, contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas a las de OCE OURENSE que usted podrá decidir si acepta o no cuando acceda a ellos.