Enfermería e política: vocacións que poden ir da man?

 

foto web enf políticaEnfermeiras e enfermeiros protagonistas da reportaxe 'Enfermería e política: vocacións que poden ir da man' || FONTE: COE Ourense (N.U.)

 

Ourense, 28 de maio de 2023. Chega o fin do mes de maio e, desta volta, con el, unha nova cita coas urnas nas eleccións municipais do 28M. Mentres noutras comunidades autónomas tamén se escolle a presidencia, en Galicia é o turno de decidir quen serán os representantes nos nosos concellos. Perfís do máis variado tipo conforman as listas dos diferentes partidos que aspiran a representar aos seus veciños nos 92 concellos en toda a provincia de Ourense, e perfís de enfermeiras e enfermeiros, por suposto, tamén están incluídos nelas. 

Coa intención de coñecer como se poden compaxinar ambas ‘vocacións’, a sección Conoce a tu enfermer@ deste mes non se vai centrar nun profesional da enfermería en concreto, senón que terá como protagonistas a cinco enfermeiras e enfermeiros que van en listas nas eleccións deste 28M en diferentes municipios da provincia de Ourense e que atenderon á nosa chamada: Ana Isabel García González (Nº 3 na lista do PP en Boborás), Mª Isabel Poisa Rey (Nº 7 na lista do BNG en Allariz), Mª Antonia Delgado Fernández (Nº 5 na lista do PSdeG-PSOE en Xinzo de Limia), Óscar Diéguez González (Nº1 na lista do BNG en Montederramo) e Benito Quiñones García (Nº9 na lista do PP en Verín).

Nesta reportaxe ‘percorremos’ a provincia na procura dos seus testemuños para que nos conten de primeira man cales foron os motivos que os levaron a participar en política, se entraron antes en política ou en enfermería e como, dende a perspectiva enfermeira, se senten tratados pola clase política. Ademais, preguntámoslles qué comparten e como compaxinan ambas ‘vocacións’ para rematar coa pregunta probablemente máis difícil: “Se tiveses que renunciar a unha desas vocacións, a cal sería?”

 

"Se tiveses que renunciar a unha desas vocacións, a cal renunciarías?"

Era a última pregunta do formulario, pero aquí vai de primeira porque chegou unha resposta desas que che fan pensar que igual, moitas veces, asociamos conceptos por inercia sen cuestionalos: neste caso estamos asumindo que a enfermería, en quen a exerce, é sempre unha vocación. Pero para Maribel Poisa (BNG), por exemplo, ningunha delas é unha ‘vocación’: para ela a enfermería é o seu traballo, “o que adora e lle dá de comer e o que intenta facer mellor cada día” ao igual que “tampouco é unha vocación a política, senón unha necesidade, a de loitar por ti e por toda a sociedade”, asegura. Tras 15 anos metida de cheo na política activa, a actual concelleira de Benestar Social de Allariz e enfermeira no centro de saúde de dita vila considera que “se queres conseguir algo para a sociedade e dignificar a vida das persoas, ten que ser sempre a través da política”.

Para Benito Quiñones (PP), pola súa banda, ambas vocacións son perfectamente compatibles aínda que confese sentirse, “ante todo enfermeiro”. “Atraído pola política dende sempre”, o motivo que levou a Benito a participar nela foi o feito de vela “como instrumento para mellorar a vida dos veciños do seu pobo”, confesa. Isto foi o que o motivou para formar parte de diferentes listas municipais do Partido Popular durante as catro últimas lexislaturas (agora en Verín), xa que para el, “a enfermería é algo vocacional, algo que na maioría dos casos se fai de forma altruísta” e “os enfermeiros temos as mesmas sensibilidades ou máis que as que poden ter outros veciños”, apunta.

Precisamente no Hospital Público de Verín exerce como enfermeira de Urxencias Mª Antonia Delgado (PSdeG-PSOE), quen considera que, no seu caso, “ambas vocacións, enfermería e política, van da man", aínda que se tivese que escoller, ao igual que Benito, decantaríase “pola enfermería por riba de todo”. Segundo a socialista, o motivo que a levou a dar o salto á política activa estaba “moi relacionado coa profesión enfermeira”, xa que considera que ambas facetas “teñen en común a defensa da sanidade pública e dos seus traballadores”, por iso non dubidou en aceptar o convite para sumarse á candidatura de Elvira Lama na terra que a viu nacer.

Sen embargo, pola súa banda, Óscar Diéguez (BNG) opina que “non renunciaría a ninguna, xa que, querendo, hai tempo para todo”. De feito, o nacionalista compaxinou ao longo do tempo o seu cargo de concelleiro pola agrupación independente Montederramo A Máis dende 2019 co seu traballo como enfermeiro, profesión da que recoñece “sentirse orgulloso”. Á súa vez, confesa que sempre tivo a intención de "tentar facer cousas polo concello no que naceu e que tanto quere", e que iso foi o que o motivou a presentarse “xunto cun grupo de rapaces hai catro anos e a continuar agora outra vez, todos xuntos e baixo as siglas do BNG, co fin de lograr os seus propósitos”.

Ao igual que Óscar, Ana Isabel García (PP) tamén iniciou a súa andaina como concelleira no ano 2019, no seu caso polo concello de Boborás e da man de Patricia Torres, a actual alcaldesa do concello. Ana Isabel chegou moito antes ao ámbito da enfermería que á política e recoñece que a súa vocación “dende meniña” foi a enfermería. Sen embargo, ao preguntarlle por que faceta se decantaría no caso de ter que renunciar a algunha recoñece que “como boa galega, depende”, xa que “ambas implican a axuda aos demais”.

 

Que comparten enfermería e política? É importante que @s profesionais da enfermería se involucren en política?

Maribel Poisa (BNG) considera que “dende a enfermería se pode facer un labor político para mellorar esa enfermería, as condicións de traballo”. Engade, así mesmo, que cando reclama algo o está a reclamar "como profesional pero, sobre todo como usuaria”: “porque eu antes que enfermeira son usuaria dese sistema”, sinala. O seu compañeiro de partido, Óscar Diéguez tamén apunta nesta dirección, xa que para el, se algo teñen en común a enfermería e a política son “as ganas de mellorar a vida da xente”. “Na enfermería coidas da saúde das persoas, mentres que na política coidas dos servizos públicos que melloran a vida da xente”, apostila.

Aos servizos públicos tamén alude Mª Antonia Delgado (PSdeG-PSOE), quen considera que "as enfermeiras teñen moito que aportar en política para poder seguir defendendo o Sistema Nacional de Saúde" ante o que califica como “recortes continuos que levamos padecendo por parte dos gobernos de dereitas”.

Pola súa banda, Ana Isabel García (PP) tamén repara nesa nesa relación entre enfermería e política recoñecendo “a vocación común por axudar aos demais”. Benito Quiñones (PP) tamén se reafirma na concepción de ambas profesións como “vocacionais”, xa que “che permiten mellorar a vida dos veciños, tanto no eido persoal coma no social”. Nesta liña, Benito resalta o feito de que, como enfermeiro “estás moito tempo en contacto con moitas persoas que sempre acaban contándoche os seus problemas ou preocupacións, e isto é o que te estimula para poder botarlles unha man”. “Ao estar en política podes axudalos de moitas maneiras”, remarca.

  

Como tratan as administracións e a clase política á enfermería? Síntese apoiada e respectada a profesión? Que precisa da clase política a enfermería galega?

Ana Isabel García (PP) sostén que o sistema sanitario actual precisa a adecuación dos recursos económicos e unhas infraestruturas adecuadas ás necesidades da comunidade. Nesta liña, o seu compañeiro popular, Benito Quiñones, resalta a importancia da inversión en sanidade, xa que “todo diñeiro que lle dedique calquera administración á sanidade é a inversión máis rendible que pode existir”, considera. Recoñece, á súa vez, que “pese ás grandes cantidades de diñeiro invertido en instalacións e melloras de equipamento para a saúde, queda pendente a dotación adecuada do persoal”. Nesta liña engade que “a administración galega está a pór enriba da mesa tódolos recursos dispoñibles para solucionalo”. Pon como exemplo o novo edicio de urxencias en Verín, o que “se está a rematar e vai suponer un aumento na calidade asistencial tanto para sanitarios como para pacientes", apostila.

En Xinzo da Limia, segundo a socialista Mª Antonia Fernández, a situación sería ben distinta, xa que reclama a ampliación do centro de saúde da vila, “unha mellora que traia máis espazo, máis recursos materiais e humanos á atención primaria”, aclara. “A falta de cobertura de persoal nos distintos centros asistenciais é o que conleva ao esgotamento das enfemeiras e enfermeiros que seguimos tirando do carro, ás veces en situacións sangrantes”, opina a socialista. Pese ao que Mª Antonia considera “maltrato aos profesionais e aos usuarios por parte da Xunta de Galicia con contratos precarios e falta de persoal”, insiste na teima de loitar dos profesionais da enfermería xa que “o obxectivo primeiro é a atención e ó coidado aos pacientes”.

Óscar Diéguez (BNG) concorda coa idea de que “á hora da verdade, os políticos maltratan á profesión enfermeira”, “pese aos seus avances e a súa importancia capital na sociedade”, engade. A dificultade para cubrir postos de traballo e a escaseza de enfermeiras é, segundo Óscar, síntoma desta situación. Por este motivo, o nacionalista demanda “estabilidade na contratación”, xa que “os contratos de días soltos queiman ás profesionais e agrava o problema”. Considera, así mesmo, que “o sistema sanitario precisa ampliar as partidas orzamentarias dedicadas a políticas sanitarias facendo unha aposta decidida pola sanidade pública”. “Esta é a que á hora da verdade saca as castañas do lume, como vimos coa Covid-19, por exemplo”, engade.

Nesta liña, Benito Quiñones (PP) tamén considera que “se deben adecuar os postos de traballo nos distintos centros, dotándoos de persoal suficiente dependendo da carga de traballo que teñan”. Ademais, sostén que "deben desenvolverse medidas suficientes que permitan a conciliación familiar do persoal sanitario”. A tamén popular, Ana Isabel García, apunta que “a administración debe traballar xunto cos profesionais da enfermería nesta mellora” e que estes “precisan seren escoitados para camiñar a prol do beneficio da profesión, do desenvolvemento profesional, da conciliación laboral e das melloras das condicións laborais en xeral”.

Para Maribel Poisa (BNG), sen embargo non só hai que mellorar as condicións de traballo, xa que a nivel persoal considera que o trato da administración “vai mal” e se sinte “ninguneada”. “A min non me serve que me manden unha felicitación de cumpreanos (como comezaron a facer este ano), o que quero son feitos”, exclama. Segundo Maribel, “séguese maltratando ao persoal, sobre todo na provincia de Ourense, tanto ao fixo como ao eventual”, apuntando que “non hai persoal porque se deixa marchar a ese persoal”. Esta situación derívariase do que a nacionalista califica como “traballo de formiguiñas” que “a clase política deste país leva moito tempo facendo para deteriorar a sanidade pública e primar a sanidade privada”. Porén, Poisa considera que "ambos tipos de sanidade poden coexistir perfectamente, sempre que a privada non fagocite á publica”, explica, engadindo que observa que “o traballo dos políticos que din representarnos está a ser o de fagocitar a pública a favor da privada”.

 

Diferentes cores pero algunha inquietude en común

Feito o percorrido polos testemuños destas/es enfermeiras e enfermeiros que se candidatan nas eleccións municipais deste 28M, pódese concluir que, chamando ou non ‘vocación’ o que os levou a estar onde están, a vontade por axudar os demais e a prol do benestar social é a súa prioridade. Por este motivo, independentemente das súas cores, necesitan sentirse escoitados e tidos en consideración, xa que, unha vez máis, queda patente que “é fundamental coidar a quen coida”, e ese coidado só se materializará coa busca continua das melloras das condicións laborais dos e das profesionais da enfermería e coa dotación de recursos materiais, recursos humanos e de servizos que faga fronte ás demandas que se impoñen no contexto camiñando cara unha sanidade pública de máxima calidade asistencial para toda a poboación.

 

 

 

"Ser embajadora de SalusOne significa más que dar a conocer la aplicación; intento transmitir a cada compañera los valores que hay detrás de este proyecto, en el que el COE Ourense apostó desde el primer momento"

foto web carla

La enfermera Carla Macía Ricoy, embajadora SalusOne en la provincia de Ourense | Fonte: COE Ourense. 

 

Ourense, 26 de abril de 2023.- Hace apenas dos meses que es embajadora SalusOne, pero en este tiempo, Carla Macía Ricoy ya ha ayudado a expandir, y con éxito, el ‘imperio SalusPlay’ en nuestra provincia. Y es que esta enfermera, originaria de Manzaneda y trabajadora de urgencias en el Complexo Hospitalario de Ourense (CHUO), ha sido la elegida por SalusPlay para formar parte de su ‘Red de Embajadoras SalusOne’, en la que cada colegio oficial de enfermería de España que tiene convenio con esta entidad, está representado.

Carla Macía se convierte así en cara visible y voz de SalusOne, la web y aplicación con la que el COE Ourense tiene un convenio por el que le ofrece a sus colegiadas el acceso gratuito a su versión Premium. Gracias a este acuerdo, nuestras colegiadas ahorran el dinero que les supondría un registro común y disfrutan de una serie de grandes ventajas al registrarse en la plataforma: cursos gratuitos; acceso a seminarios online sobre alimentación saludable, a gimnasio virtual y a sesiones de bienestar emocional; asesoramiento profesional; acceso a biblioteca virtual… y mucho más.

Como embajadora en la provincia, Carla tiene una serie de cometidos que va compaginando con su trabajo de enfermera. Para que nos descubra cómo lo hace y que nos cuente de primera mano cuáles son las ventajas de utilizar SalusOne, hemos decidido que sea la protagonista de nuestra sección ‘Conoce a tu enfermer@’ de este mes de abril.

 

1. ¿Desde cuando eres embajadora SalusOne? ¿Qué balance haces de la formación recibida para iniciar tu labor como embajadora?

Soy embajadora SalusOne desde el pasado mes de febrero. En la actualidad somos 22 embajadores, pero el número va aumentando en función de los nuevos colegios de enfermería que se unen a SalusOne.

Realicé mi formación como embajadora en Bilbao. Allí nos reunimos todos los embajadores con el equipo de SalusPlay y, durante tres días, recibimos la formación teórica y práctica necesaria. En realidad, fueron mucho más que unas jornadas formativas. Fueron días muy intensos en cuanto a aprendizaje, pero llenos de buenos momentos: me vine con la sensación de entrar a formar parte de una gran familia.

 

2. ¿Qué significa ser embajadora de SalusOne? ¿Cuáles son tus funciones y cómo estás compaginando esta labor con tu trabajo?

Mi labor principal es la de ayudar a que más compañeras conozcan la aplicación, sepan de sus recursos y de las herramientas disponibles. Esto lo hago siempre que es posible de tú a tú entre mis compañeras del CHUO y, del mismo modo, en otros centros sanitarios de la ciudad.

Pero ser embajadora significa más que dar a conocer la aplicación; intento transmitir a cada compañera los valores que hay detrás de este proyecto, en el que el COE Ourense apostó desde el primer momento. SalusOne pretende el crecimiento de la enfermería a través del conocimiento científico, la mejora en el cuidado y la cercanía con el colectivo.

 

3. ¿Cuáles son los principales beneficios de inscribirse en SalusOne?

Inscribirse a SalusOne permite a las enfermeras cuidar de su salud física y mental. Ayuda a desarrollar cuidados basados en la evidencia científica y permite una formación continuada de gran calidad. Además, todo el equipo que hay detrás de la plataforma está continuamente innovando y preparando nuevas secciones y contenido para ofrecer a todas las enfermeras que usan la aplicación.

 

4. ¿Qué es lo que más valoras tú de todos los servicios que ofrece o cuáles crees que son sus propuestas más interesantes?

Valoro especialmente la gran cantidad de contenido científico actualizado que se encuentra en SalusOne. Personalmente, me parecen muy interesantes los cursos, pero también son una gran herramienta las infografías y los e-book, los que puedes descargar y consultar cuando necesites.

 

5. Además, non solo piensan en quien ya ejerce, sino también en los futuros profesionales de la enfermería. ¿No es así?

Actualmente los estudiantes pueden acceder a la versión free (gratuita), pero con muchos recursos para ellos, como ayuda al TFG, calculadoras clínicas, guía de administración de fármacos, biblioteca audiovisual, planes de cuidados NANDA NOC NIC, etc. La idea es que tengan acceso a SalusOne para que utilicen estos recursos en sus estudios y en sus prácticas.

La red de Embajadores también se está creando a nivel de las facultades para que representen y difundan todas las novedades entre los estudiantes de enfermería.

 

6. Desde SalusPlay están ofreciendo contenidos y asesoramiento especial para el EIR. ¿Podrías contarnos en qué consisten?

Salusplay en la preparación EIR usa el método CARE; su propósito fundamental es que el curso se adapte a la situación personal de cada enfermera, y no al revés.

Las alumnas tienen acceso a un temario resumido con contenido escrito y audiovisual. Cuentan con profesorado profesional y tutores disponibles cuando los necesiten, y se ofrecen clases grabadas y en streaming sin límite de visualización (e incluso la posibilidad de hacer simulacros bajo presión).

En este EIR 2023, el 76% de las alumnas que se prepararon con SalusPlay tuvieron opción a plaza y, además, una de ellas quedó entre las 9 mejores notas.

 

7. ¿Cómo está siendo la acogida de las colegiadas de Ourense? ¿Están satisfechas con la plataforma?

La acogida está siendo muy buena; la mayoría de compañeras se interesan por los cursos, pero también les encanta la sección de autocuidado, sobre todo el gimnasio virtual.

Actualmente, ya hay más de 450 enfermeras de Ourense registradas. La sección más utilizada durante el primer trimestre del año ha sido ‘APRENDE’. Además, más de 200 enfermeras se han formado durante el primer trimestre del año, seleccionado el curso que querían sobre los más de 120 cursos CFC disponibles en la plataforma.

 

8. Recuérdanos, ¿qué debe hacer quien desee conocer o inscribirse en SalusOne?

Quien quiera inscribirse solo tiene que buscar en el navegador ‘SalusOne’, hacer clic en crear una nueva cuenta y rellenar sus datos personales. Después, seleccionando el colegio oficial de enfermería al que pertenece, ya se valida la versión Premium, con la que tendrán acceso a todas las funciones de la plataforma.

 

 

Usamos cookies

Este portal web únicamente utiliza cookies propias con finalidad técnica, no recaba ni cede datos de carácter personal de los usuarios sin su consentimiento. Sin embargo, contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas a las de OCE OURENSE que usted podrá decidir si acepta o no cuando acceda a ellos.