Ourense, 16 febreiro 2024. A Academia de Enfermaría de Galicia elixiu nova Xunta de Goberno este pasado venres día 9 de febreiro. A nova Xunta presidida por Isidoro Rodríguez Pérez, enfermeiro do Centro de Saúde de Fingoi e profesor na Escola Universitaria de Enfermaría de Lugo adscrita á USC, é a segunda elixida na historia da Academia, despois da Xunta constitutiva.
Acompañarán ao presidente nas súas funcións os seguintes cargos e disposicións, nos que destaca a representación ourensana:
- Vicepresidente 1ª, Lourdes Bermello López. Enfermeira do HULA, presidenta do Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo e profesora na Escola Universitaria de Enfermaría de Lugo.
- Vicepresidente 2º, Ángel Alfredo Martínez Ques. Enfermeiro no PAC de Castro Caldelas, director da revista científica Ética de los Cuidados especializada en Bioética, editada pola Fundación Index de Granada.
- Secretaria Xeral, Mirian Vazquez Campo. Supervisora da Área de Calidade no Complexo Hospitalario de Ourense, profesora da Escola Universitaria de Enfermaría de Ourense adscrita a UVI.
- Vicesecretario, Manuel Eladio Atrio Padrón. Supervisor do Bloque Cirúrxico do Complexo Hospitalario de Ourense.
- Tesoureiro, José María Rumbo Prieto. Supervisor de Cuidados Investigación e innovación, profesor asociado de Enfermaría da UDC.
- Vicetesoureira,Mª Milagros Fernández Varela, Directora da Escola Universitaria de Enfermaría de Ourense ascrita a UVI.
- Bibliotecario, Luis Arantón Areosa. Enfermeiro no Centro de Saúde de Narón, profesor Asociado de Enfermaría da UDC.
A nova Xunta de Goberno terá un período de xestión de 5 anos nos que terá os retos de por en funcionamento as Seccións de traballo da Academia, así como completar o plenario. Conformado por 28 académicos/as de número e 28 correspondentes. Nestes momentos conta con 27 académicos de número, 16 correspondentes, 1 académica de honra, e 2 históricos.