RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2024, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
- Convócase, con carácter gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega (Celga), niveis 2, 3 e 4, que se indican nos anexos I (cursos presenciais) e II (cursos en liña).
- As persoas interesadas en inscribirse nos cursos, presentarán a súa solicitude a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral de Política Lingüística, no enderezo electrónico https://formacion-lingua.xunta.gal.
- O prazo de presentación das solicitudes de inscrición será de 15 días hábiles, dende o 19 de febreiro ata o 8 de marzo.