O Colexio Oficial de Enfermería de Ourense participa no almorzo do Día da Muller organizado pola clínica Iglesias & Piñón

Ourense, 6 de marzo do 2020 | O Colexio Oficial de Enfermería de Ourense, representado pola súa presidenta, Ascensión Pérez Sampayo, asistiu ó almozo en celebración do Día Internacional da Muller organizado polas doutoras da clínica dental Iglesias & Piñón.


Este evento, vense representando dende fai anos, coa intención de conmemorar a loita que moitas mulleres emprenderon a favor das condicións xustas e de maior equidade entre xéneros. Foron invitadas mulleres de diferentes ámbitos, e o resultado foi unha charla moi amena, da que xurdiron moitas e ideas e iniciativas para poñer en marcha durante este 2020.

Agradecemos moito a invitación e agardamos seguir participando nestes proxectos que dan visibilidade ás mulleres da provincia.


Imprimir  
Usamos cookies

Este portal web únicamente utiliza cookies propias con finalidad técnica, no recaba ni cede datos de carácter personal de los usuarios sin su consentimiento. Sin embargo, contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas a las de OCE OURENSE que usted podrá decidir si acepta o no cuando acceda a ellos.