RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se establece un prazo adicional e excepcional para presentar determinadas solicitudes do grao inicial da carreira profesional.
SUPOSTOS INCLUÍDOS NESTE PRAZO ADICIONAL E EXCEPCIONAL
- Solicitudes de grao inicial noutra categoría/especialidade
-
- O/a profesional que tivese habilitada a solicitude de grao inicial entre o 5 de decembro de 2022 e o 31 de xaneiro de 2023 en determinada categoría/especialidade (por prestar servizos nela), e pretenda o recoñecemento do grao inicial nesa ou noutra categoría/especialidade distinta na cal traballase algún día desde o 7 de agosto de 2018.
- Persoal laboral residente en formación do Servizo Galego de Saúde
-
- O persoal do Servizo Galego de Saúde con vínculo de laboral residente en formación (MIR, EIR...) entre o 5 de decembro de 2022 e o 31 de xaneiro de 2023 poderá solicitar o grao inicial en calquera categoría/especialidade na cal, de ser o caso, prestase servizos algún día desde o 7 de agosto de 2018, no Servizo Galego de Saúde ou entidades adscritas.
O PRAZO ADICIONAL E EXCEPCIONAL DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DO GRAO INICIAL SERÁ DENDE O 29 DE MARZO ATA O 30 DE ABRIL DE 2023