A Academia de Enfermaría de Galicia elixe Xunta de Goberno

Prensa Visto: 179

Ourense, 16 febreiro 2024. A Academia de Enfermaría de Galicia elixiu nova Xunta de Goberno este pasado venres día 9 de febreiro. A nova Xunta presidida por Isidoro Rodríguez Pérez, enfermeiro do Centro de Saúde de Fingoi e profesor na Escola Universitaria de Enfermaría de Lugo adscrita á USC, é a segunda elixida na historia da Academia, despois da Xunta constitutiva.

Acompañarán ao presidente nas súas funcións os seguintes cargos e disposicións, nos que destaca a representación ourensana:

A nova Xunta de Goberno terá un período de xestión de 5 anos nos que terá os retos de por en funcionamento as Seccións de traballo da Academia, así como completar o plenario. Conformado por 28 académicos/as de número e 28 correspondentes. Nestes momentos conta con 27 académicos de número, 16 correspondentes, 1 académica de honra, e 2 históricos.

Imprimir