Os Laboratorios Galfarma presentan no COE Ourense a liña de produtos de biocosmética rexenerativa ‘Invesderm'

Prensa Visto: 382


FOTO GALFARMA 11zon

Marcos Ramos, de Laboratorios Galfarma, explicando un caso de uso dun dos produtos Invesderm entre os membros da xunta de goberno do COE Ourense (de esquerda a dereita: o secretario, José David Vázquez Bóveda; a tesoureira, Olga Iglesias González; a presidenta, Ascensión Pérez Sampayo; o vogal II, José Delgado Rodríguez; e a vogal V, Karina Blanco Iglesias. | FONTE: COE Ourense.

 

Ourense, 31 de marzo de 2023. Esta semana, a sede colexial do Colexio Oficial de Enfermería de Ourense recibiu a visita de Marcos Ramos Mourín, CEO e propietario de Laboratorios Galfarma.

Neste encontro, o representante de Galfarma deu a coñecer á presidenta do COE Ourense, Ascensión Pérez Sampayo, e ós membros da xunta de goberno da entidade presentes, a liña de produtos de biocosmética rexenativa Invesderm, a que conta cunha fórmula patentada e parte de Inves Biofarm (Instituto de Investigación Biotecnolóxica, Farmacéutica e Medicamentos orfos).

Ramos Mourín presentou os beneficios dos diferentes produtos da liña, así como os seus protocolos de aplicación. Estes produtos, baseados no factor de crecemento epitelial e no ácido hialurónico (encargados dos procesos de rexeneración e elasticidade da pel), están destinados para moi diversos fins: dermatite por radioterapia e quimioterapia, feridas e úlceras, procesos de cicatrización, queimaduras, dermatites atópicas, acné ou estrías.

Imprimir