Congreso enfermeria

27 al 29 oct - 50º Congreso Nacional SEDEN 2025

Congreso enfermeria

30 may - I Encuentro de Medicina y Enfermería de Familia y Comunitaria

A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) organiza, en colaboración coa Sociedade Española de Médicos Xerais (SEMG), o I Encuentro de Medicina y Enfermería de Familia y Comunitaria, que se celebrará os días 30 e 31 de maio de 2025 en Sanxenxo, baixo o lema “Innovar, Colaborar y Cuidar: La Esencia de la Salud Comunitaria”.

Estas xornadas multidisciplinares nacen co propósito de fortalecer a sinerxia entre profesionais de enfermaría e medicina de atención primaria.

O programa inclúe mesas redondas, relatorios científicos e talleres prácticos sobre temas como o manexo da dor persistente, as enfermidades de transmisión sexual, a atención á saúde mental, a cronicidade ou o uso responsable das redes sociais. Participarán profesionais de recoñecido prestixio na atención primaria galega e estatal.

Entre as intervencións destacadas figuran a de Iria Otero Tenorio, enfermeira de familia, sobre a atención á multimorbilidade no paciente maior, ou a de Melania Fraga Deus, sobre novas perspectivas no tratamento da EPOC. O programa tamén inclúe talleres prácticos sobre espirometría, índice tobillo-brazo, con participación activa de profesionais de enfermaría.

A inscrición está aberta tanto para socios como para non socios de AGEFEC e SEMG.

A actividade foi recoñecida de Interese Sanitario pola Consellería de Sanidade.

Máis información sobre o programa completo e inscricións na web oficial da SEMG.

Estamos en:

We use cookies

Usamos cookies en nuestro sitio web. Algunas de ellas son esenciales para el funcionamiento del sitio, mientras que otras nos ayudan a mejorar el sitio web y también la experiencia del usuario (cookies de rastreo). Puedes decidir por ti mismo si quieres permitir el uso de las cookies. Ten en cuenta que si las rechazas, puede que no puedas usar todas las funcionalidades del sitio web.