Curso

Curso "A enfermaría: peza clave no manexo da Diabetes Mellitus e Pé Diabético"

O COE Ourense organiza o curso "A enfermaría: peza clave no manexo da Diabetes Mellitus e Pé Diabético" que terá inicio, en formato presencial, o vindeiro 26 de xaneiro de 2022 no Salón de Actos 'Isabel Zendal' da sede colexial cunha carga de 50 horas lectivas. O horario das clases será todolos mércores e venres de 16:00 a 18:45 horas (agás os días de exame que remataremos sobre as 19:30 horas).

Dentro dos obxectivos da formación estaría:

  • Actualizar coñecementos sobre a Diabetes mellitus
  • Capacitar ao asistente para poder recoñecer, valorar e estratificar a patoloxía do Pé Diabético, baseándose na evidencia da que dispomos na actualidade
  • Reforzar o papel da enfermaría no manexo do paciente con DM e/ou PD
  • Adquirir habilidades para diseñar un programa educativo para pacientes 
  • Fomentar o autocuidado do paciente

O equipo docente a cargo da impartición do curso é:

  • Mª José Menor Rodríguez
    • Enfermera educadora en Diabetes (CHUO)
    • Docente de la Escuela Universitaria de Enfermaría de Ourense
  • Navor Pereira Losada
    • Podólogo especialista en Pé Diabético pola UCM
    • Podólogo e educador en Asociación de Diabéticos 'Auria' de Ourense e en 'Clínica Podogal'

A inscrición ten un prezo de 15 € para @s colexiad@s do COE Ourense -cun número máximo de 50 participantes no curso- para a cal deberá porse en contacto cas nosas oficinas nos teléfonos 988 22 84 17 - 618 87 70 11 ou ben no correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

*(Pendente de recepción da resolución cos créditos adxudicados polo Sistema Acreditador de Formación Continuada do Sergas)

CURSO DM Y PD CARA B

 

Date

20 Diciembre 2021

Tags

Formación