Curso 'Desfibrilación Externa Semiautomática'

Curso 'Desfibrilación Externa Semiautomática'

Dende a Organización Colexial de Enfermaría de Ourense anunciamos o lanzamento, impartido polo Centro de Formación de Urxencias Sanitarias 061, do curso presencial Desfibrilación Externa Semiautomática que se celebrará en dous grupos independentes os días 22 e 23 de marzo de 2023 (data a elixir segundo preferencia e prazas dispoñibles).

Ao finalizar o curso o alumnado deberá ser capaz de:

  • Iniciar a cadea de supervivencia, incluíndo unha idónea interacción co sistema de emerxencias.
  • Recoñecer de forma rápida unha parada cardiorrespiratoria.
  • Aplicar as técnicas de permeabilización da vía aérea, incluíndo as medidas iniciais ante a súa obstrución por un corpo estraño (atragoamento).
  • Realizar unha reanimación cardiopulmonar de alta calidade.
  • Utilizar o desfibrilador dun xeito efectivo e seguro.

O curso consta dunha parte de clases teóricas e outra de desenvolvemento práctico para adquirir as habilidades precisas para o correcto manexo do desfibrilador externo semiautomático.

Entre os requerimentos para a obtención do diploma acreditativo de capacitación para uso do Desfibrilador Externo Semiautomático están:

  1. Asistencia ao 100% das clases teóricas e prácticas.
  2. Superación do exame práctico que poña de manifesto o dominio nas habilidades necesarias para practicar a RCP e manexar o DESA

 Consulta os horarios dos dous grupos premendo nas seguintes ligazóns:

 

INSCRICIÓN ATA CUBRIR PRAZAS (48 DISPOÑIBLES, 24 ALUMNOS POR DÍA):

Para formalizar a matrícula rogamos que nos contacte no correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou ben chamando ao 988228417 ou 618877011. O prezo do curso é de 30 euros para as colexiadas (55% do importe total subvencionado polo COE Ourense. Rebaixa xa incluída).

Date

14 Febrero 2023

Tags

FORMACIÓN 2023
Usamos cookies

Este portal web únicamente utiliza cookies propias con finalidad técnica, no recaba ni cede datos de carácter personal de los usuarios sin su consentimiento. Sin embargo, contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas a las de OCE OURENSE que usted podrá decidir si acepta o no cuando acceda a ellos.