25 de outubro - Webinar ISSGA

Dende o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) convidan a participar na seguinte xornada técnica en formato webinar que terá lugar o vineiro 25 de outubro, que forma parte das actividades formativas organizadas polo ISSGA con motivo da Semana Europea para a seguridade e a saúde no traballo.

 

INSCRICIÓN

Os trastornos musculoesqueléticos (TME) relacionados co traballo son o problema de saúde máis común en España e en Europa, afectando a 3 de cada 5 traballadores/as. Ademais, os TME son a primeira causa de incapacidade temporal de longa duración, sendo un problema de gran magnitude tanto para as empresas como para os traballadores afectados.
 
Unha xestión eficiente do retorno ao traballo tras unha ausencia prolongada por motivos de saúde é clave para:
  • Garantir unha reincorporación saudable e segura
  • Evitar recaídas e contribuír no proceso de rehabilitación
  • Mellorar a eficiencia do traballador que sufriu un TME
  • Diminuír a taxa de absentismo
Esta xornada técnica, realizada en colaboración con MC MUTUAL, ten por obxectivo sensibilizar na importancia de xestionar adecuadamente o retorno ao traballo en beneficio das organizacións e do persoal traballador.
 
Tamén se darán a coñecer as pautas xerais para a implantar un programa de reincorporación laboral tras incapacidade temporal por TME.

 

ISSGA 25 DE OCTUBRE


Imprimir  
We use cookies

Usamos cookies en nuestro sitio web. Algunas de ellas son esenciales para el funcionamiento del sitio, mientras que otras nos ayudan a mejorar el sitio web y también la experiencia del usuario (cookies de rastreo). Puedes decidir por ti mismo si quieres permitir el uso de las cookies. Ten en cuenta que si las rechazas, puede que no puedas usar todas las funcionalidades del sitio web.