Dende o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) convidan a participar na Xornada técnica en formato webinar, realizada en colaboración con Fraternidade-Muprespa, na que propoñemos dar un enfoque inclusivo á chamada xeración “Jubillennial”, proporcionar ferramentas para encarar unha xubilación en positivo e outras medidas para implementar a diversidade xeracional nas organizacións.
Dado que o índice de lonxevidade non para de crecer, é importante coñecer e establecer políticas de envellecemento activo nas empresas, preventivas e de xestión da idade, para coidar ao 55% de traballadores entre 55 e 75 anos, que poden continuar sendo produtivos ou necesarios dependendo do sector e actividade.
Non debemos perder o coñecemento e sabedoría acumulados durante a vida laboral dos profesionais e si apostar polo enriquecemento da diversidade xeracional.