Desde a Consellería de Política Social infórmase da necesidade de contar con persoal de enfermaría para a confección dunha lista interna de contratación temporal no Departamento Territorial, que se activará no caso de esgotamento das listas oficiais reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo. Esta listaxe terá vixencia dun ano desde a súa publicación.
O prazo de envío da documentación está abierto ata as 14:00 horas do 31 de marzo de 2025 e deberá presentarse a través de:
- Do modelo de solicitude xenérica PR004A na Sede electrónica da Xunta de Galicia
- Ou nas Oficinas de Asistencia en materia de Rexistro
Documentación obrigatoria
- D.N.I.
- Título de grao en enfermería ou equivalente
- Curso do idioma galego (mínimo esixido Celga 4). Poderá eximirse do requisito do nivel de galego (D.A. 8ª Lei 5/2024, do 27 de decembro, de medidas fiscais e admvas.)
Documentación opcional (baremable)
- Cursos do idioma galego (superior ao mínimo esixido)
- Currículum vitae con teléfono de contacto
- Certificado de servizos prestados na Xunta na mesma categoría, ou noutras administración públicas
- Contratos de traballo na empresa privada na mesma categoría nos últimos 5 anos
- Vida laboral actualizada
- Cursos relacionados coas funcións propias da categoría
A documentación valorarase de acordo co baremo establecido no Anexo III do V Convenio Colectivo Único da Xunta de Galicia.

