Examen oposición Sergas 2026

Enfermería familiar e comunitaria: as previsións contemplan 182 novas prazas

Publicado 3 xuño de 2026. Fonte: Consellería de Sanidade

A Mesa Sectorial de Sanidade aborda o concurso específico da categoría de enfermeira/o especialista en enfermería familiar e comunitaria. As previsións contemplan aumentar en 182 o número de prazas ofertadas.  

Tal e como se informou dende o Sergas, este procesoseguirá as bases do ano 2018 e, previsiblemente, desenvolverase nunha única fase, quedando bloqueadas todas as prazas incluídas de cara ao vindeiro ciclo de adxudicación do concurso de traslados aberto e permanente.

A partires de agora ábrese un prazo para que as organizacións sindicais poidan trasladar as súas achegas.  

Na Mesa Sectorial de Sanidade tamén se abordaron as medidas excepcionais impulsadas pola Consellería para garantir a cobertura do servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Así, e diante da carencia de persoal que afecta a este dispositivo, o departamento sanitario da Xunta anunciou a adopción de medidas urxentes como a disposición dunha bolsa de voluntarios, con 60 profesionais xa anotados.

Ademais prevese estender ao persoal do servizo de Urxencias de Ourense as condicións que acompañan ao criterio de difícil cobertura, como son a provisión de prazas fixas mediante concurso de méritos ou triplo de puntuación dos méritos polos servizos prestados. 


Imprimir  

Estamos en:

We use cookies

Usamos cookies en nuestro sitio web. Algunas de ellas son esenciales para el funcionamiento del sitio, mientras que otras nos ayudan a mejorar el sitio web y también la experiencia del usuario (cookies de rastreo). Puedes decidir por ti mismo si quieres permitir el uso de las cookies. Ten en cuenta que si las rechazas, puede que no puedas usar todas las funcionalidades del sitio web.