RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se dispón a publicación do pacto subscrito pola Administración sanitaria coas centrais sindicais CIG, CSIF, CC.OO. e UGT sobre selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia.
Publicación do pacto de selección de persoal estatutario temporal do sistema público de saúde asinado o pasado mes de marzo entre o departamento sanitario galego e as organizacións sindicais.
O pacto incorpora a posibilidade de ofertar contratacións por medios telemáticos. Ata agora só existía o chamamento telefónico.
Este pacto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, coa excepción dos puntos que impliquen un desenvolvemento técnico, os cales se irán implantando de maneira progresiva durante a súa vixencia.
No ano 2025 había 97.830 profesionais inscritos no sistema de listaxes, dos cales 14.605 eran novas inscricións respecto do ciclo anual anterior

