Publicado 28 de xaneiro de 2026. Fonte: Consellería de Sanidade
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as melloras retributivas e de xornada para os traballadores dos Puntos de Atención Continuada (PAC) e que ten efecto práctica dende o 1 de xaneiro.
Entre as medidas aprobadas, o acordo recolle un incremento retributivo para a xornada complementaria do persoal de enfermería. Tamén a noite do venres a sábado do persoal médico de PAC terá os mesmos pluses retributivos que a noite do sábado a domingo.
Ademais, o persoal de PAC que faga prolongación de xornada nos centros de saúde terá as mesmas retribucións que o propio persoal dos centros de saúde. Por outra parte, incrementarase a indemnización por manutención (pasa de 10 a 15 euros).
Do mesmo xeito, establécese un incremento do 2,5 % no complemento de productividade con efecto retroactivo a 2025 para persoal estatutario.
A estas medidas súmase que dende este ano o Sergas aplicará ao persoal de atención primaria e hospitalaria que teña un réxime de xornada semanal de 35 horas, os mesmos días de compensación por festividades que coincidan en sábado que se establezan para o persoal da administración xeral da Comunidade Autónoma.
Pódese consultar o listado de medidas no DOG.

