Publicado 18 xuño 2025. Fonte: Consellería de Sanidade
A partir do 15 de xullo, Galicia aplicará o novo Código Trauma Grave, un protocolo para mellorar a atención urxente a preto de 3.000 pacientes, no que se recollen normas, procedementos, clasificacións e prioridades para identificar, coordinar e xestionar os recursos dirixidos a pacientes nunha situación de emerxencia sanitaria.
O traumatismo grave é causa frecuente de mortalidade nos menores de 45 anos, pode producirse por accidentes de tráfico, caídas, mergullos, queimaduras, o que supón patoloxías tempo-dependentes nas que os primeiros 60 minutos son cruciais.
Dende a Consellería de Sanidade cifran que no ano 2021 e o 2024 Galicia tivo preto de 12.000 posibles casos de trauma grave, do que se estima que cada ano este protocolo poida activarse ao redor de 3.000 veces.
Novo protocolo
Código Trauma grave, presentado por la Consellería de Sanidade, define as actuacións necesarias para identificar no menor tempo posible unha situación de trauma grave, e busca actuar máis rápido e de xeito máis coordinado para garantir unha mellor efectividade, permitindo reducir a mortalidade e posibles secuelas ao paciente.
O protocolo establece os supostos e criterios de activación atendendo a pautas fisiolóxicas como é a alteración do nivel de consciencia, así como a criterios anatómicos ou a factores biomecánicos do propio paciente, como pode ser no caso dun accidente de tráfico.
O protocolo é ademais o primeiro código asistencial de Galicia que inclúe o paciente pediátrico, este colectivo ten diferenzas anatómicas e fisiolóxicas que levan a patróns de lesións únicos.
Deste xeito, Galicia dótase do sexto código para abordar patoloxías tempo-dependentes para a súa atención específica: o Código Trauma Grave unirase aos outros cinco procesos que código xa en funcionamento son o infarto de miocardio, o ictus, a sepse, a anafilaxe e o shock cardioxénico, todos para pacientes adultos.