Sanidade publica unha guía para mellorar a atención sanitaria ás persoas trans en Atención Primaria

Publicado 21 abril 2025. Fuente: Libraría Institucional Xunta de Galicia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) acaba de publicar unha guía dirixida ao persoal sanitario de Atención Primaria co obxectivo de mellorar a atención ás persoas trans e fomentar un trato sen discriminación nos centros de saúde. 

A guía, dispoñible na web institucional da Xunta de Galicia, recolle recomendacións prácticas para o acompañamento das persoas trans nos itinerarios asistenciais e incide na importancia do uso do nome e os pronomes elixidos, así como na creación de espazos de consulta seguros, confidenciais e libres de prexuízos.

Segundo o documento, “o recoñecemento da identidade de xénero é fundamental para garantir unha atención sanitaria axeitada” e lembra que o trato despectivo, a invisibilización ou a falta de formación específica constitúen barreiras que poden dificultar o acceso ao sistema público de saúde por parte das persoas trans.

Tamén propón accións concretas como a inclusión de indicadores nos sistemas de rexistro que permitan recoller a identidade de xénero respectando a vontade da persoa, o fortalecemento da formación continua en diversidade e a coordinación entre niveis asistenciais para ofrecer unha resposta integral ás necesidades de saúde deste colectivo.


Imprimir  

Estamos en:

We use cookies

Usamos cookies en nuestro sitio web. Algunas de ellas son esenciales para el funcionamiento del sitio, mientras que otras nos ayudan a mejorar el sitio web y también la experiencia del usuario (cookies de rastreo). Puedes decidir por ti mismo si quieres permitir el uso de las cookies. Ten en cuenta que si las rechazas, puede que no puedas usar todas las funcionalidades del sitio web.