Programa de vacunación

Nova estratexia de vacinación fronte ao virus do papiloma humano (VPH)

 Publicado 17 de setembro. Fonte: Sergas

A Consellería de Sanidade pon en marcha unha nova estratexia de vacinación fronte ao virus do papiloma humano (VPH) en Galicia, a partir do mércores 18 de setembro:

  • Modificación da pauta, pasando a administrar una única dose aos 12 tanto a mulleres como a varóns.
  • Captación de persoas ata os 18 anos non vacinadas (nenos varóns nados nos anos 2006, 2007, 2008 e 2009).

Estas estratexias foron aprobadas pola Comisión Nacional de Saúde Pública para a súa implantación a partir do ano 2025, xa que a evidencia científica actual demostra a súa eficacia en persoas sen contacto previo co virus. Desta forma, Galicia adiántase á recomendación da Comisión Nacional de Saúde Pública implantando esta medida a partir do día 18 de setembro de 2024.

O obxectivo principal desta medida é reducir a incidencia de cancros asociados ao virus do papiloma humano en varóns e, ademais, obter unha protección cruzada nas nenas. En concreto, a vacinación diminuirá a incidencia en nenos de cancros orofarínxeos, anais e de pene causados polos tipos de VPH oncoxénicos contidos na vacina e de verrugas xenitais causadas polos tipos non oncoxénicos. En nenas, indirectamente, contribuirá a diminuír a aparición de lesións precancerosas e cancros de cérvix, vulva e vaxina.

A información está actualizada na instrución do calendario de inmunización ao longo de toda a vida: Calendario de inmunización ao longo de toda a vida - Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde (sergas.gal)


Imprimir  
We use cookies

Usamos cookies en nuestro sitio web. Algunas de ellas son esenciales para el funcionamiento del sitio, mientras que otras nos ayudan a mejorar el sitio web y también la experiencia del usuario (cookies de rastreo). Puedes decidir por ti mismo si quieres permitir el uso de las cookies. Ten en cuenta que si las rechazas, puede que no puedas usar todas las funcionalidades del sitio web.