O Sergas renova a roupa de cama e de pacientes dos centros sanitarios por preto de 2,5 millóns de euros

​O Consello da Xunta autorizou este xoves o subministro sucesivo e por prezo unitario de roupa de cama e de doentes para os centros dependentes das áreas sanitarias do Sergas cun investimento de 2.436.603 euros en dous anos.


Sala de prensa Sergas (30/11/2023) 

O Consello da Xunta autorizou este xoves o subministro sucesivo e por prezo unitario de roupa de cama e de doentes para os centros dependentes das áreas sanitarias do Sergas cun investimento de 2.436.603 euros en dous anos.

Co contrato centralizado que sairá a licitación, o Servizo Galego de Saúde poderá dotar ás sete áreas de lencería que, desde o punto de vista epidemiolóxico, cumpra coa necesidade de propiciar unha boa hixiene para contribuír á saúde e evitar a transmisión de enfermidades. No caso de pixamas e camisóns de pacientes, que deben reunir determinadas características que os fagan operativos á hora de que o persoal sanitario poda aplicar técnicas diagnósticas e terapéuticas como a saída de drenaxes ou catéteres. O prezo unitario do Sergas en 2023 dun pixama de adulto é de 2,73 euros a chaqueta e 2,42 euros o pantalón. No caso dos camisóns, o custe é de 2,79 no caso de ser abotoado e 2,67 euros, con cintas.

O novo contrato prevé un incremento global de 154.718 euros con respecto ao gasto anterior. Este aumento está motivado pola obriga da empresa adxudicataria de tratamento dos produtos subministrados, segundo a Lei 7/2022, de 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular, e pola modificación das prescricións técnicas das mantas do Servizo Galego de Saúde. Así, as mantas pasarán de ter unha composición de algodón e poliéster a ser de microfibra polas súas especiais condicións de lixeireza, funcionalidade e facilidade de limpeza. O prezo dunha manta de berce é de 7,95 euros e dunha cama de adulto, de 14,95 euros.

Unha vez valoradas as ofertas e adxudicado o contrato, estímase que se inicie o 1 de abril de 2024 para os próximos dous anos, con posibilidade de ata tres anos de prórrogas.


Imprimir  
Usamos cookies

Este portal web únicamente utiliza cookies propias con finalidad técnica, no recaba ni cede datos de carácter personal de los usuarios sin su consentimiento. Sin embargo, contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas a las de OCE OURENSE que usted podrá decidir si acepta o no cuando acceda a ellos.