Tras o éxito da primeira edición, o persoal do Centro de Saúde de O Pereiro de Aguiar organiza, entre os días 18 e 23 de setembro, a súa “2ª Semana da Saúde” iniciativa que se enmarca na programación de asistencia comunitaria do Servizo Galego de Saúde e que este ano afonda no obxectivo de facer comunidade, integrando a máis sectores clave na asistencia socio-sanitaria e incluindo experiencias dos pacientes.
Sala de prensa Sergas (13/09/2023) Fotografía: Sala de prensa Sergas
Tras o éxito da primeira edición, o persoal do Centro de Saúde de O Pereiro de Aguiar organiza, entre os días 18 e 23 de setembro, a súa “2ª Semana da Saúde” iniciativa que se enmarca na programación de asistencia comunitaria do Servizo Galego de Saúde e que este ano afonda no obxectivo de facer comunidade, integrando a máis sectores clave na asistencia socio-sanitaria e incluindo experiencias dos pacientes.
Nestes días abordaranse algúns problemas de saúde moi habituais, como a atención ao paciente crónico con diabete, hipertensión arterial ou dislipemia (colesterol elevado) tema que desenvolverán as enfermeiras Alba Sanmamed e Ariana Calvo. Pola súa parte, Adriana Joffe, médico de familia, falará doutro gran problema de saúde, a enfermidade cardiovascular, desde a perspectiva da prevención e o coñecemento dos factores de risco.
Ademais, a semana incluirá unha sesión sobre farmacia comunitaria, á que están convidados os titulares das tres oficinas de farmacia do municipio, en Loñoá, A Derrasa e no Pereiro, para dar a coñecer aos veciños as súas funcións e servizos, alguns pouco coñecidos.
Do mesmo xeito, Elena Vázquez, a nova traballadora social, posto de recente creación no Centro de Saúde de O Pereiro, dará a coñecer o seu traballo, funcións e procesos nos que o seu papel é esencial, centrándose no testamento vital ou documento de instruccións previas, que recolle os desexos dos usuarios, para poder telos en conta cando chegado o momento no os poda expresar.
TELEA, a aplicación do Servizo Galego de Saúde para a teleasistencia domiciliaria dos pacientes crónicos, será o tema elixido por Ana Isabel Parada, enfermeira do Centro de Saúde de O Pereiro e unha das impulsoras desta semana da saúde. No centro empregan Telea na actualidade uns 25 pacientes. “Sobre todo para o control da tensión arterial, xa que facilita o autocontrol e pode ser empregado facilmente tanto por pacientes xóvenes como maiores, as veces coa axuda de fillos ou sobriños” explica a coordinadora.
O xoves 21 será o día de aprender como mellorar a alimentación para facer desta fonte de nutrición e saúde, evitando que se convirta nun risco cardiovascular ou de limitacións. A relatora será outra nova profesional da atención primaria de Pereiro: Tania Lorenzo, nutricionista de referencia.
As experiencias dos usuarios viran da man de Eric Rodríguez, que dará a coñecer a súa experiencia como persoa trans, e estará acompañado por outras dúas veciñas que abordarán outro punto de vista, o dunha nai ou familiar. A perspectiva sanitaria deste proceso a aportará Itziar Solache, médica especialista do Servizo de Endocrinoloxía do Hospital Universitario de Ourense, e unha das persoas de referencia sobre o tema na nosa Área Sanitaria.
Na nova edición, este foro de encontro de veciños e profesionais sanitarios comezará cunha actuación musical, a cargo da cantante e veciña María do Ceo, e rematará por vez primeira cun paseo aberto aos veciños ou visitantes, que partirá do Centro de Saúde e percorrerá a senda do encoro de Cachamuiña.
Todas as sesións celebraranse ás 17.30 horas no Centro de Día de Os Gozos e serán de entrada libre ata completar o aforo.