Xunta e Concello de Lobios implantarán un novo sistema de climatización no centro de saúde local

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a alcaldesa de Lobios, María del Carmen Yáñez Salgado, asinaron un convenio no que se establecen as bases do cofinanciamento, por importe de máis de 56.000 euros, co obxecto de levar a cabo as obras de reforma que consistirán na implantación dun sistema de climatización para salvar as demandas térmicas de refrixeración e calefacción das diferentes estancias do centro de saúde da localidade.

Sala de prensa (23/03/2023) Fotografía: Sala de prensa Sergas

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a alcaldesa de Lobios, María del Carmen Yáñez Salgado, asinaron un convenio no que se establecen as bases do cofinanciamento, por importe de máis de 56.000 euros, co obxecto de levar a cabo as obras de reforma que consistirán na implantación dun sistema de climatización para salvar as demandas térmicas de refrixeración e calefacción das diferentes estancias do centro de saúde da localidade. 

Disporase así de sistema de bomba de calor de caudal variable, composto por unidade exterior e unidade interior para climatizar as diferentes estancias, así como o sistema de control individual para cada unha delas, resolvendo, deste xeito, os problemas de temperatura que viña experimentando o centro nas etapas de maior calor ou frío. 

O conselleiro de Sanidade agradeceu a boa disposición da alcaldesa para poder asinar este convenio, con tempo suficiente para que se poida licitar a obra e executarse en prazo. Deste modo, o persoal e os pacientes do centro de saúde de Lobios contarán cun centro de saúde mellor e máis confortable.

 

Colaboración cos concellos

A Xunta continúa colaborando cos concellos que manteñen centros de saúde de titularidade municipal. Así, desde o 2017, a distribución que a Xunta fai do Fondo Adicional do Fondo de Cooperación Local inclúe a previsión de compensar os custos de mantemento dos centros de saúde de titularidade municipal.

No orzamento para este ano, a Xunta reforzou unha vez máis o seu apoio a estas entidades locais e incrementou ata os 2,6 millóns de euros a partida –un 8%-.  En particular, o Concello de Lobios recibiu no 2022 a cantidade de 11.562 euros para financiar o mantemento desta instalación sanitaria.
Con isto, a Xunta de Galicia ten destinado desde 2017 máis de 15 millóns de euros a financiar os gastos de funcionamento de 156 centros de saúde de titularidade municipal.
 

Renovación de infraestruturas de atención primaria

Dende o ano 2009, a Xunta de Galicia construíu ou reformou un total de 112 centros de saúde, o que supuxo actuar sobre máis de 75.000 metros cadrados. A eles hai que engadir as catro que están en marcha (Lugo, Lalín, Arnoia e Porriño). En total, a Administración autonómica investiu, nestes 12 anos, máis de 120 millóns de euros en infraestruturas sanitarias de atención primaria.

En particular, na provincia de Ourense, nos últimos anos puxéronse en marcha novos centros de saúde como o de A Merca, Toén, Entrimo, Vilar de Santos, Vilamarín, Barbadás, Pontedeva, Pereiro de Aguiar e Paderne de Allariz, e as reformas de A Peroxa (Os Peares), Carballeda de Avia e Ribadavia, mentres que se atopa iniciada a reforma no centro de saúde de Arnoia. 

Un terzo destas actuacións téñense levado a cabo en centros de saúde de titularidade municipal, nos que a Xunta de Galicia achega os fondos para cofinanciar a obra. Así durante esta lexislatura, a Xunta achegou 1,2 M€ para 35 convenios de reforma de centros de saúde de titularidade municipal coma este, asumindo os concellos a outra parte do gasto. Nesta mesma liña, e a través de cofinanciamento cos concellos, reformáronse nesta área sanitaria centros de saúde como os de Leiro, Carballeda de Valdeorras, Lobios, Cenlle, O Bolo, Amoeiro, Rairiz de Veiga, Vilardevós, Maside, Castrelo de Miño, Baltar, Castro Caldelas, Riós, Sarreaus ou Vilar de Barrio.

En definitiva, a Xunta non só colabora cos concellos no mantemento habitual destes centros senón que tamén colabora financiando as actuacións cando hai que facer reformas.  

Imprimir  
Usamos cookies

Este portal web únicamente utiliza cookies propias con finalidad técnica, no recaba ni cede datos de carácter personal de los usuarios sin su consentimiento. Sin embargo, contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas a las de OCE OURENSE que usted podrá decidir si acepta o no cuando acceda a ellos.