A Xunta e a USC crean a primeira cátedra para impulsar a investigación e a promoción dun estilo de vida saludable

O Goberno galego e a Universidade de Santiago de Compostela crearán a Cátedra institucional “Vida Saudable”, que impulsará a investigación e a mellora do coñecemento na promoción dun estilo de vida saudable. A cátedra encádrase nos obxectivos do Plan de Obesidade Zero da Xunta de Galicia 2022-2030 e será un foro para a execución de actividades docentes, académicas e investigadoras especializadas en hábitos de vida saudable e envellecemento activo.


Sala de prensa Sergas (09/02/2023) Fotografía: Sala de prensa Sergas 


O Goberno galego e a Universidade de Santiago de Compostela crearán a Cátedra institucional “Vida Saudable”, que impulsará a investigación e a mellora do coñecemento na promoción dun estilo de vida saudable. A cátedra encádrase nos obxectivos do Plan de Obesidade Zero da Xunta de Galicia 2022-2030 e será un foro para a execución de actividades docentes, académicas e investigadoras especializadas en hábitos de vida saudable e envellecemento activo.
A Xunta investirá 100.000 euros nesta cátedra de nova creación, que terá unha duración de 4 anos e que servirá tamén como instrumento de colaboración entre o persoal investigador, o profesorado da USC e os profesionais sanitarios e non sanitarios vencellados ao sistema sanitario público galego.
O Consello da Xunta abordou na súa reunión de hoxe o proxecto de acordo polo que se autoriza a sinatura do convenio de colaboración entre a USC e a Consellería de Sanidade para a creación desta cátedra institucional.
Máis polo miúdo, o programa de actividades desta nova ensinanza incluirá as seguintes actuacións: creación da rede de investigación e innovación galega en promoción da saúde; desenvolver novas liñas de investigación en hábitos de vida saudables e envellecemento activo ou potenciar as xa existentes; establecer un sistema de avaliación periódica do sobrepeso e a obesidade da poboación galega e dos cambios no comportamento relacionados cos seus factores protectores; realizar cursos, seminarios, conferencias e cantas actividades académicas redunden na difusión, o coñecemento e a práctica dun estilo de vida saudable, así como promover e organizar actividades que contribúan a facilitar a reflexión e o debate co fin de acadar o seu mutuo enriquecemento intelectual e a mellora da súa formación. 
Tamén, entre as actividades previstas pola cátedra está a colaboración co profesorado e departamentos da USC en todo aquilo que favoreza a formación integral do alumnado; favorecer a difusión e o coñecemento das investigacións realizadas mediante publicacións e outras accións de comunicación; a creación e mantemento dun fondo bibliográfico e documental sobre as materias específicas da promoción da saúde e as disciplinas con ela relacionadas; facilitar a inserción profesional dos e das estudantes da USC participando, de ser o caso, nas actividades realizadas pola cátedra e fomentar a colaboración entre a USC e o sector profesional no ámbito da promoción da saúde. 
O Plan de Obesidade Zero en Galicia 2022-2030 responde ao cumprimento das normativas e estratexias específicas para a prevención da obesidade e o sobrepeso a nivel nacional e europeo. A nova cátedra institucional inclúese como un dos eixes estratéxicos deste plan galego, que pretende reforzar a saúde e a calidade de vida da cidadanía cun modelo de vida saudable. Tras o seu paso polo Consello da Xunta, a Consellería de Sanidade e a Universidade de Santiago de Compostela formalizarán o convenio para a posta en marcha desta nova cátedra, que terá unha vixencia de catro anos e poderá ser renovado por outros catro. A USC será a encargada de constituír a cátedra e designar a persoa que exercerá a súa dirección, quen elaborará, organizará e desenvolverá a programación anual de actividades e proxectos.

Imprimir  

Estamos en:

We use cookies

Usamos cookies en nuestro sitio web. Algunas de ellas son esenciales para el funcionamiento del sitio, mientras que otras nos ayudan a mejorar el sitio web y también la experiencia del usuario (cookies de rastreo). Puedes decidir por ti mismo si quieres permitir el uso de las cookies. Ten en cuenta que si las rechazas, puede que no puedas usar todas las funcionalidades del sitio web.