Máis de 2.760 pacientes beneficiáronse da cirurxía de precisión dos robots Da Vinci desde a súa posta en marcha en 2021 no sistema sanitario galego

Os equipos de cirurxía robótica de alta precisión Da Vinci instalados en xullo de 2021 nos 7 hospitais de referencia das áreas sanitarias realizaron un total de 2.761 cirurxías ata finais do ano 2022. Delas, 400 realizáronse no segundo semestre de 2021, e 2.361 no ano seguinte. Así o expuxo hoxe na Comisión 5ª do Parlamento o director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, en resposta a unha pregunta parlamentaria relacionada coa actividade dos equipos de cirurxía robotizada no sistema sanitario público de Galicia.
Sala de prensa Sergas (02/02/2023) Fotografía: Sala de prensa Sergas
Os equipos de cirurxía robótica de alta precisión Da Vinci instalados en xullo de 2021 nos 7 hospitais de referencia das áreas sanitarias realizaron un total de 2.761 cirurxías ata finais do ano 2022. Delas, 400 realizáronse no segundo semestre de 2021, e 2.361 no ano seguinte. Así o expuxo hoxe na Comisión 5ª do Parlamento o director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, en resposta a unha pregunta parlamentaria relacionada coa actividade dos equipos de cirurxía robotizada no sistema sanitario público de Galicia.Jorge Aboal detallou a actividade destes sistemas robóticos de alta tecnoloxía, que “supoñen importantes beneficios para os pacientes, os profesionais e os propios centros hospitalarios”. Así, segundo datos aportados polo director de Asistencia Sanitaria da Consellería de Sanidade, o 40% das intervencións realizadas por estes equipos foron cirurxías xerais e dixestivas, o 33% de uroloxía, o 15% cirurxías xinecolóxicas, o 8% torácicas e o 3% intervencións otorrinolaringolóxicas.“O robot Da Vinci aumenta a mellora da destreza do cirurxián, ofrecendo unha ampla e nítida visión do campo operatorio, permitíndolle facer xiros e manipulacións imposibles de realizar sen este sistema e eliminando totalmente o tremor de mans. Todo isto axuda a acadar a máxima precisión por parte do profesional”, explicou Aboal, quen referiuse de seguido aos importantes beneficios que o seu uso aporta aos pacientes, como a “menor perda sanguínea, coa conseguinte menor necesidade de transfusións, a diminución da dor postoperatoria, as incisións pequenas e mellores resultados estéticos, a diminución da morbimortalidade ou a diminución da estadía media”.De feito, Jorge Aboal explicou que o 98% dos  case 1.000 pacientes dos Da Vinci que participaron nunha enquisa de satisfacción están moi satisfeitos cos resultados das intervencións.O director xeral de Asistencia Sanitaria engadiu tamén os beneficios que o uso dos Da Vinci aportan aos hospitais, reducindo o número de transfusións ao diminuír as mesmas nas cirurxías, mellorando o rendemento nos quirófanos coa redución do tempo operatorio ou aumentando as camas dispoñibles ao reducirse a estadía media.Jorge Aboal apuntou que para a posta en marcha dos Da Vinci realizouse un plan de formación e adestramento a persoal de todos os centros, que formou a 84 cirurxiáns, 160 cirurxiáns asistentes, 200 profesionais de enfermería e anestesia, así coma persoal de soporte analítico e soporte técnico.
 
Galicia aposta polo investimento en alta tecnoloxía en sanidade
“O Servizo Galego de Saúde fai unha clara aposta no investimento en alta tecnoloxía en sanidade, con vistas a mellorar a calidade e seguridade na asistencia sanitaria aos galegos, ofrecendo os últimos avances aos seus profesionais”, resumiu o director de Asistencia Sanitaria, quen avanzou tamén a previsión a futuro do uso dos equipos de alta tecnoloxía, que pasa pola equidade asistencial -podendo tratar toda a patoloxía diagnóstica mediante cirurxía robótica cando sexa a abordaxe de elección-, polo desenvolvemento e ampliación das actuais especialidades e pola incorporación de novas, pola ampliación do acceso de máis profesionais e pola incorporación do residente aos plans de cirurxía robótica Da Vinci.Por último, Aboal destacou que a implantación homoxénea dos robots Da Vinci “puxo á nosa Comunidade á cabeza dos servizos de saúde”. 

Imprimir  
Usamos cookies

Este portal web únicamente utiliza cookies propias con finalidad técnica, no recaba ni cede datos de carácter personal de los usuarios sin su consentimiento. Sin embargo, contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas a las de OCE OURENSE que usted podrá decidir si acepta o no cuando acceda a ellos.