A Xunta avanza na creación dunha rede de radioterapia do Sergas que suporá melloras de calidade asistencial

"Queremos seguir avanzando na creación dunha rede única que vinculará aos diferentes servizos de Oncoloxía Radioterápica de Galicia, o que, sen dúbida, redundará en beneficio de todos os pacientes galegos”. Así o destacou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, hoxe pola tarde, no Hospital Meixoeiro, nunha Xornada de transferencia de coñecemento interno: Rede de radioterapia do Sergas, acto no que estivo acompañado polo xerente da área sanitaria, Javier Puente. A creación dunha Rede de Radioterapia do Sergas “traerá consigo melloras indubidables na calidade asistencial, non só aos doentes e ás súas familias, senón, tamén, aos profesionais de cada unidade”. 


Sala de prensa Sergas (30/01/2023)  Fotografía: Sala de prensa Segas 

"Queremos seguir avanzando na creación dunha rede única que vinculará aos diferentes servizos de Oncoloxía Radioterápica de Galicia, o que, sen dúbida, redundará en beneficio de todos os pacientes galegos”. Así o destacou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, hoxe pola tarde, no Hospital Meixoeiro, nunha Xornada de transferencia de coñecemento interno: Rede de radioterapia do Sergas, acto no que estivo acompañado polo xerente da área sanitaria, Javier Puente. A creación dunha Rede de Radioterapia do Sergas “traerá consigo melloras indubidables na calidade asistencial, non só aos doentes e ás súas familias, senón, tamén, aos profesionais de cada unidade”. 
Sumar as fortalezas de cada servizo e cada profesional que o integra fará, -remarcou o conselleiro-, “que se combinen as habilidades de cada membro do equipo para acadar metas comúns”. 

Segundo incidiu o responsable da carteira sanitaria do Executivo galego, “a tecnoloxía é un aliado e traballar con ela supón un considerable aumento da eficiencia no día a día dos profesionais do Sergas. Todo iso se traduce nunha mellora na calidade do tratamento, permitindo unha maior personalización do mesmo”.

Na súa intervención no acto, Comesaña destacou que todos estes avances non serían posibles sen a colaboración dos oncólogos radioterapeutas, radiofísicos, técnicos, persoal de enfermería e informáticos, aos que lles agradeceu o esforzo realizado.

 

Compromiso de Galicia coa investigación contra o cancro

Tamén destacou Comesaña, a posta en marcha de proxectos como o Centro de Protonterapia. Así, a finais do pasado ano, o Consello da Xunta autorizou, por máis de 22 millóns de euros, a contratación da redacción do proxecto básico e de execución, obra e dirección de obra deste centro, convertíndose Galicia na primeira comunidade en licitar a obra para instalar o seu centro de protonterapia.

A este proxecto de Protonterapia engádese o Centro de fabricación de terapias avanzadas CAR-T. Dous exemplos, “que amosan o compromiso de Galicia coa investigación contra o cancro”. 

 

Renovación de equipamento

A Xunta viviu, nos últimos sete anos, dous grandes períodos de renovación de equipamentos de radioterapia, que serviron para situar aos hospitais galegos na vangarda dos tratamentos oncolóxicos, ao permitir incorporar 14 novos aceleradores lineais para mellorar a sanidade pública galega.

O primeiro destes procesos de renovación veu da man do convenio de colaboración asinado coa Fundación Amancio Ortega. Dotado cun importe de máis de 19 millóns de euros, permitiu adquirir, seguindo os criterios clínicos do Sergas, dez novos aceleradores lineais, (un deles intraoperatorio) e a actualización doutros dous.

O segundo proceso de renovación levouse a cabo entre os anos 2022 e 2023, da man dos fondos europeos Next Generation. A través da canalización destes fondos, contratouse a adquisición de novos equipos, por máis de 68 millóns de euros, para todos os hospitais públicos de Galicia. 

No que se refire a equipamento en Radioterapia, estes contratos posibilitaron a adquisición de seis novos equipos: un novo equipo de braquiterapia no Lucus Augusti, a renovación do equipo de braquiterapia no Complexo Hospitalario de Santiago, a renovación de dous aceleradores lineais do Complexo Hospitalario de Ourense, e a adquisición de dous novos aceleradores lineais para o hospital Montecelo de Pontevedra, que permitirán a posta en marcha dun servizo de radioterapia propio nesta área sanitaria.


Imprimir  
Usamos cookies

Este portal web únicamente utiliza cookies propias con finalidad técnica, no recaba ni cede datos de carácter personal de los usuarios sin su consentimiento. Sin embargo, contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas a las de OCE OURENSE que usted podrá decidir si acepta o no cuando acceda a ellos.