A Xunta avanza no apoio á Atención Primaria a través de persoal de psicoloxía de enlace

​O xerente do Servizo Galego de Saúde, Jose Flores, e o director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, veñen de manter unha reunión con representantes dos servizos de saúde mental das sete áreas sanitarias para avaliar o labor desenvolvido polos sete profesionais da psicoloxía clínica que foron contratados o ano pasado para desenvolver os programas de enlace de  atención primaria co obxectivo de mellorar a coordinación entre primaria e saúde mental, permitindo a abordaxe precoz de trastornos mentais prevalentes neste ámbito.

Sala de prensa do Sergas (15/03/2022)

​O xerente do Servizo Galego de Saúde, Jose Flores, e o director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, veñen de manter unha reunión con representantes dos servizos de saúde mental das sete áreas sanitarias para avaliar o labor desenvolvido polos sete profesionais da psicoloxía clínica que foron contratados o ano pasado para desenvolver os programas de enlace de  atención primaria co obxectivo de mellorar a coordinación entre primaria e saúde mental, permitindo a abordaxe precoz de trastornos mentais prevalentes neste ámbito.

Na reunión, na que tamén participaron a directoral xeral de Planificación e Reforma Sanitarias, Estrella López-Pardo, e subdirectora xeral de Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde, Sinda Blanco, e a xefa do Servizo de Saúde Mental do Sergas, María Tajes; os responsables dos servizos e os propios profesionais encargados dos programas relataron as súas diferentes experiencias ao longo destes meses. 

Houbo unha ampla coincidencia no desenvolvemento do programa a través de visitas periódicas aos centros de saúde nos que atenden consultas fundamentalmente relacionadas cos trastornos adaptativos ou ansioso-depresivos así como na celebración de sesións formativas e dunha labor de asesoramento ao persoal de medicina de familia para a xestión de casos con problemas psicolóxicos. Na experiencia destes profesionais hai coincidencia na satisfacción do persoal sanitario dos centros aos que apoian, que agradecen o respaldo que a presenza deste programa de enlace significa para o seu traballo diario.

Flores e Aboal agradeceron o “extraordinario esforzo” desenvolto por estes profesionais nun ano moi complexo e avanzaron a intención de utilizar a información extraída destas distintas experiencias para consolidar e homoxeneizar este programa neste ano. Non en van, lembrou Flores, o Servizo Galego de Saúde incluíu nos seus acordos de xestión coas áreas sanitarias obxectivos específicos relacionados coa mellora da prestación da asistencia sanitaria en materia de saúde mental.

Os responsables do Servizo Galego de Saúde manifestaron a intención de centrar este programa en lograr consultas de alta resolución que permitan abordar patoloxías leves dun xeito integral.

Avances no Plan de Saúde Mental de Galicia 

A Xunta de Galicia continúa así avanzando no desenvolvemento do Plan de Saúde Mental de Galicia poscovid 2020-2024, vixente desde o inicio da lexislatura cun orzamento de 83 millóns de euros para reforzar esta rama de atención sanitaria nestes anos e co compromiso de contratación de 241 novos profesionais, dos que xa se contratou a 100.

Estes 100 profesionais permitiron poñen en marcha nestes dous anos os hospitais de día infanto-xuvenís de saúde mental de Vigo, Santiago e Ourense; a creación de cinco novas unidades ambulatorias (tres de adultos en Ordes, Oleiros e Tui, e dúas infanto-xuvenís na Coruña e Vigo), e a da nova unidade de psicoxeriatría en Ourense.

Xunto ao anterior, ampliouse o persoal de hospitalización a domicilio de saúde mental en Santiago, Pontevedra e Ourense, o que implica maior cobertura territorial e horaria. Ademais, hai reforzos en todas as áreas nos programas sociosanitarios de saúde mental que dan servizo ás residencias de maiores, e tamén hai en todas as áreas sanitarias psicólogos de enlace de atención hospitalaria, que desenvolveron neste ano o Plan de apoio psicosocial aos profesionais no marco do programa Coidate para coidar.

Ademais, a Xunta de Galicia puxo xa en marcha cinco unidades de atención a persoas en risco de suicidio, grazas ao desenvolvemento do Plan de Saúde Mental de Galicia 2020-2024. 


Imprimir  
Usamos cookies

Este portal web únicamente utiliza cookies propias con finalidad técnica, no recaba ni cede datos de carácter personal de los usuarios sin su consentimiento. Sin embargo, contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas a las de OCE OURENSE que usted podrá decidir si acepta o no cuando acceda a ellos.