Formación 100% subvencionada pola Xunta de Galicia. ¡Novos cursos!

A Xunta de Galicia aposta pola formación 100% subvencionada como medio para a recualificación e capacitación das persoas traballadoras e autónomas da Comunidade Autónoma

Esta convocatoria de formación que está 100% subvencionada pola Xunta de Galicia e ou Ministerio de Traballo e Economía Social, ten como principal obxectivo incrementar os coñecementos e habilidades dos profesionais, capacitándoas para un mellor desempeño da actividade laboral, e desta maneira promover mellores oportunidades profesionais.

Poden acceder a estes cursos gratuítos todas as persoas traballadoras, afectadas por ERTE e autónomos da comunidade de Galicia, xa que a formación é 100% subvencionada, non representa custo algún para os participantes, e non resta créditos de formación ao non ser bonificada.

Os cursos dispoñibles impártense en modalidade online e contan con diploma ao finalizar a formación con éxito, xa que todos son especialidades recoñecidas polo SEPE.

As persoas que realicen os cursos do idioma inglés (A1, A2, B1, B2) que tamén se imparten en modalidade en liña, e aproben o exame final que levase a cabo no centro de Femxa situado en Vigo (Calle Travesía de Vigo nº15, 1º), poderán realizar gratuitamente a proba oficial de Cambridge.

 A inscrición xa se atopa aberta e os cursos terán os primeiros inicios no mes de febreiro. As persoas interesadas poden solicitar a praza desde a páxina: https://www.cursosfemxa.es/FormacionGalicia

Está ao dispor das persoas interesadas que teñan calquera consulta, o teléfono gratuíto ao 900 100 957 e o correo electrónico atencióEsta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 


Imprimir  
We use cookies

Usamos cookies en nuestro sitio web. Algunas de ellas son esenciales para el funcionamiento del sitio, mientras que otras nos ayudan a mejorar el sitio web y también la experiencia del usuario (cookies de rastreo). Puedes decidir por ti mismo si quieres permitir el uso de las cookies. Ten en cuenta que si las rechazas, puede que no puedas usar todas las funcionalidades del sitio web.