O Sergas ofrece hoxe a quinta sesión do ciclo de conferencias sobre benestar emocional dirixidas aos profesionais da sanidade

Luns, 3 de maio de 2021.- Servizo Galego de Saúde

​O Servizo Galego de Saúde ofertará mañá, martes día catro, unha nova conferencia dentro do ciclo que está a impartir para coidar o benestar emocional dos seus traballadores. Nesta ocasión, a encargada da conferencia que leva por título “Bioloxía da actitude” será Nazareth Castellanos, licenciada en Física Teórica e doutora en Neurociencia.

No transcurso desta sesión, os participantes poderán coñecer a influencia recíproca que teñen corpo e mente. A través dun percorrido polo corpo humano, amosarase o xeito en que o intestino, a respiración o corazón ou mesmo a postura corporal inflúen no noso estado de ánimo e na percepción que temos do mundo. Así mesmo, farase finapé no xeito no que a actitude é capaz de moldear a comunicación entre corpo e mente.

Con esta, son xa cinco as sesións impartidas dentro do ciclo “Coidando o noso benestar emocional”, que está enmarcado dentro do Plan de intervención psicosocial para o apoio e atención ao persoal do Sergas na pandemia da covid-19, e que foi posto en marcha pola Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde. Están invitados a participar os 44.000 traballadores do Sergas e entidades adscritas.

Neste contexto, a Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia asinaron hoxe un acordo de colaboración para a organización de seis das conferencias que se impartirán no ciclo. Será o propio COPG o encargado de seleccionar tanto a temática destas charlas como os ponentes que as levarán a cabo.

As conferencias teñen lugar ás 18.30 da tarde do primeiro e o terceiro martes de cada mes, entre os meses de marzo e xullo. Emítense en directo na canle de Youtube da Axencia de Coñecemento en Saúde a través da súa web https://acis.sergas.es/ Logo de ser emitidas quedan gravadas e dispoñibles para todo o persoal do Servizo Galego de Saúde nunha sección específica na Aula virtual de ACIS.


Imprimir  
Usamos cookies

Este portal web únicamente utiliza cookies propias con finalidad técnica, no recaba ni cede datos de carácter personal de los usuarios sin su consentimiento. Sin embargo, contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas a las de OCE OURENSE que usted podrá decidir si acepta o no cuando acceda a ellos.