O proxecto Nursing Now Galicia foi galardonado co Premio Redacción Médica á Sanidade de Galicia 2020
Ourense, xoves 20 de febreiro de 2020. O proxecto Nursing Now Galicia gañou na categoría Acción Enfermeira da IV edición dos Premios Redacción Médica á Sanidade de Galicia, organizados polo xornal líder da sanidade española, Redacción Médica. Premiáronse trece categorías diferentes para poñer así en valor as múltiples perspectivas do sistema sanitario galego.