El Sergas contratará 70 enfermeros para reforzar la atención a domicilio en zonas rurales

La financiación procede del Ministerio de Sanidad y también se formará a personal administrativo para que ayude a los pacientes con las nuevas tecnologías

A Xunta convocará máis de 5.650 prazas de emprego público no Sergas antes de que finalice 2022

Destácase que ata final de ano increméntarase o número de prazas obxecto de convocatoria para persoal de enfermaría, cun total de 2.160.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou hoxe de que O Goberno galego vai convocar “máis de 5.650 prazas en distintas categorías profesionais do Sergas antes de que remate o ano”, das que 2.160 serán para a estabilización do persoal de enfermería.


Rueda resaltou que esta convocatoria enmárcase “no proceso de consolidación e mellora dos servizos públicos” que está a levar a cabo a Xunta con medidas para fomentar a estabilidade dos empregados públicos ou para o desenvolvemento da carreira profesional.


O Consello aprobou na súa reunión semanal o decreto coa oferta pública de emprego de persoal estatutario do Sergas para o ano 2022, que inclúe 1.294 prazas. Esta oferta, unida ás 106 prazas de médico de Atención Primaria xa convocadas polo sistema de méritos, a oferta extraordinaria lanzada en maio para reducir a temporalidade e as prazas pendentes das ofertas de 2020 e 2021, é o que permitirá á Xunta convocar máis de 5.650 vacantes antes de rematar o ano.

Por categorías, un total de 2.015 prazas serán para persoal de enfermería; 1.052 para persoal técnico en coidados auxiliares; 429 para auxiliares da función administrativa; 238 para enfermeiros especialistas, fisioterapeutas ou terapeutas ocupacionais; 199 para persoal de servizos xerais; 48 para farmacéuticos e odontólogos de Atención Primaria e 23 para o grupo de xestión de función administrativa. A estas habería que sumar 28 prazas reservadas para persoas con discapacidade intelectual. O resto de vacantes aínda están pendentes de convocatoria.


Nas prazas que se convocarán ata finais de ano non están incluídas vacantes para facultativos xa que as novas prazas sairán convocadas polo modo de concurso de méritos, o que exixe unha oferta de emprego pública diferenciada. Aínda así, o presidente lembrou que un total de 1.017 médicos tomarán posesión ao longo deste mes tras aprobar a súa correspondente oposición.


A oferta que vén de aprobar a Xunta, sumada á oferta de estabilización e ás prazas pendentes de convocar derivadas das ofertas dos anos 2020 e 2021, posibilita a execución de procesos selectivos en que se incluirán 5.651 prazas do Sistema sanitario público galego, sumando taxa ordinaria e taxa extraordinaria, concurso-oposición e concurso de méritos.


Próximas actuacións
Tras a aprobación do decreto por parte do Consello da Xunta, publicaranse as correspondentes convocatorias.
Xunto coas prazas que están a punto de ser adxudicadas en diversas categorías de facultativo especialista e técnicos sanitarios, así como diversas categorías de persoal de xestión e servizos, o Sergas está a tramitar na actualidade 8.700 prazas para o acceso de persoal fixo.

Usamos cookies

Este portal web únicamente utiliza cookies propias con finalidad técnica, no recaba ni cede datos de carácter personal de los usuarios sin su consentimiento. Sin embargo, contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas a las de OCE OURENSE que usted podrá decidir si acepta o no cuando acceda a ellos.