Consulta enfermería

Enquisa para coñecer mellor a realidade da enfermería na provincia

Ourense, 12 de febreiro de 2026.  O Colexio Oficial de Enfermería de Ourense vén de poñer en marcha unha enquisa dirixida ás persoas colexiadas co obxectivo de actualizar datos básicos e obter unha radiografía actual da situación profesional da enfermería en Ourense.

A través deste cuestionario recóllese información sobre o ámbito de traballo, situacións laborais e a percepción da situación profesional. Os resultados permitirán ao COE Ourense adaptar mellor os seus servizos, accións e liñas de traballo á realidade do colectivo.

  • A enquisa complétase en aproximadamente 2–3 minutos.
  • As respostas analizaranse de forma agregada e anónima
  • O correo electrónico solicítase unicamente para a actualización do perfil colexial e non se asociará ás respostas.

A participación de todas as colexiadas é clave para contar cunha visión real e representativa da profesión.

Se eres enfermeira e queres participar, accede aquí á enquisa.


Imprimir  

Estamos en:

We use cookies

Usamos cookies en nuestro sitio web. Algunas de ellas son esenciales para el funcionamiento del sitio, mientras que otras nos ayudan a mejorar el sitio web y también la experiencia del usuario (cookies de rastreo). Puedes decidir por ti mismo si quieres permitir el uso de las cookies. Ten en cuenta que si las rechazas, puede que no puedas usar todas las funcionalidades del sitio web.