Previous Next

Enfermeiras colexiadas fórmanse en atención inicial á parada cardiorrespiratoria no COE Ourense

Ourense, 30 xuno 2025. Este luns, 30 de xuño, o salón de actos do Colexio de Enfermería de Ourense acolleu un taller práctico sobre atención inicial na parada cardiorrespiratoria (PCR), no que participaron dezaseis enfermeiras colexiadas. A formación, de carácter intensivo e cunha duración de catro horas, forma parte das actividades que sobre reanimación, soporte vital e uso de DESA desenvolve o Colexio, orientadas a reforzar a preparación das profesionais de enfermería en situacións críticas.

A actividade combinou unha parte teórica previa, impartida por videoconferencia o 27 de xuño, centrada nos fundamentos da intervención inicial ante unha PCR, coa sesión práctica do día 30. Para garantir unha aprendizaxe máis personalizada, as participantes distribuíronse en dous grupos rotatorios, que traballaron en estacións diferenciadas con material específico de simulación.

Durante a xornada, o equipo docente, formado pola médica asistencial do 061, Carmen Gándara Quintas, e o enfermeiro instructor en soporte vital avanzado, Ursino Veloso García, guiou as asistentes no recoñecemento precoz dunha PCR, a activación do sistema de emerxencias e a aplicación de manobras de reanimación con seguridade e eficacia.

O programa incluíu contidos avanzados como o uso do monitor desfibrilador manual, a toma de decisións en casos de FV/TVSP, a utilización de dispositivos supraglóticos como Igel ou mascarillas larínxeas, así como o manexo de accesos intraóseos con sistemas BIG e Arrow EZ-IO. Tamén se realizaron simulacións baseadas en casos reais, como asistolia, AESP e ritmos desfibrilables, facendo especial fincapé na coordinación do equipo sanitario en contextos de alta presión.

Con este tipo de actividades, o COE Ourense reafirma o seu compromiso coa formación práctica e especializada das súas colexiadas, fomentando a capacitación continua e a mellora da calidade asistencial.


Imprimir  

Estamos en:

We use cookies

Usamos cookies en nuestro sitio web. Algunas de ellas son esenciales para el funcionamiento del sitio, mientras que otras nos ayudan a mejorar el sitio web y también la experiencia del usuario (cookies de rastreo). Puedes decidir por ti mismo si quieres permitir el uso de las cookies. Ten en cuenta que si las rechazas, puede que no puedas usar todas las funcionalidades del sitio web.