RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de persoas aspirantes definitivamente seleccionadas no concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de enfermeiro/a especialista, fisioterapeuta e terapeuta ocupacional. Iníciase o prazo para a elección de destino
Publícase como anexo I a relación de persoas aspirantes definitivamente seleccionadas no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria, enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrón/matrona), enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica.
Apróbase a relación de destinos que se ofertan ás persoas aspirantes seleccionadas neste proceso para cada unha das categorías e que figura como anexo II desta resolución.
Tamén, comeza un prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao desta publicación, para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema de información Fides/expedient-e, os destinos ofertados por orde de prelación.

