Nomeamento como persoal estatutario fixo e adxudicación de destino - Enfermeiro especialista en saúde mental

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo ás persoas aspirantes seleccionadas no proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo na categoría de enfermeira/o especialista en saúde mental, convocado pola Resolución do 3 de xullo de 2023.

DOG Núm. 75

Publícase a relación actualizada de aspirantes definitivamente seleccionados/as no proceso selectivo e noméase persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde na categoría de enfermeira/o especialista en saúde mental as persoas aspirantes que se inclúen no anexo desta resolución.

Adxudícaselles aos aspirantes, con carácter de destino definitivo, a praza que figura no indicado anexo e declárase finalizado para os aspirantes o concurso de méritos para o ingreso na categoría de enfermeira/o especialista en saúde mental correspondente, convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 3 de xullo de 2023.

 


Imprimir  

Estamos en:

We use cookies

Usamos cookies en nuestro sitio web. Algunas de ellas son esenciales para el funcionamiento del sitio, mientras que otras nos ayudan a mejorar el sitio web y también la experiencia del usuario (cookies de rastreo). Puedes decidir por ti mismo si quieres permitir el uso de las cookies. Ten en cuenta que si las rechazas, puede que no puedas usar todas las funcionalidades del sitio web.