Ourense, 24 setembro 2024. A Asociación Galega de Matronas (AGAM) presenta a súa programación formativa para o segundo semestre de 2024. Dirixida a profesionais interesados en temas como a lactancia materna, disfuncións sexuais femininas e educación sexual, as formacións están deseñadas para mellorar a atención en áreas clave da saúde das mulleres, proporcionando habilidades prácticas e coñecementos especializados.
Programación formativa
O último trimestre do ano incluirá catro cursos presenciales en Santiago de Compostela:
- 12 novembro 2024: Curso “Manexo dos problemas da lactancia derivados da anquiloglosia: coidados e intervención” 2ª ed.
- 13 novembro 2024: Curso “Manexo dos problemas da lactancia derivados da anquiloglosia: coidados e intervención” 3ª ed.
- 25 novembro 2024: Curso “Disfuncións sexuais femininas na consulta da Matrona” (ábrese o prazo de inscrición para non socias o luns 23/09/24).
- 27 novembro 2024: Curso “Educación sexual grupal nas diferentes etapas vitais” 2ª ed. (ábrese o prazo de inscrición para non socias o luns 23/09/24).
Inscrición e máis información
Toda a información sobre as formacións e o acceso á inscrición está dispoñible na web da AGAM: matronasgalegas.org/formacion.