Síndrome Down

Presentación da Guía “Atención Sanitaria a persoas adultas coa síndrome de Down”

Ourense, 18 setembro. Federación Down Galicia presenta a nova guía titulada “Atención Sanitaria a persoas adultas coa síndrome de Down”, un documento que ten como obxectivo proporcionar, de maneira breve e concisa, información clave para os profesionais sanitarios sobre o seguimento da saúde das persoas adultas deste colectivo e o seu envellecemento prematuro e acelerado.

A nova guía, que se presenta coincidindo co Día Mundial do Alzhéimer, que se conmemora o 21 de setembro, representa un paso importante na promoción da saúde e benestar das persoas adultas con síndrome de Down, contribuíndo á súa atención sanitaria integral. A guía inclúe referencias ao “Protocolo de Avaliación e Seguimento do Envellecemento das persoas coa síndrome de Down”, elaborado tamén pola Federación Down Galicia. Este protocolo busca servir de guía para a recollida de información longitudinal relativa aos procesos de envellecemento das persoas con síndrome de Down, co fin de mellorar a atención e coidado que reciben.

O protocolo servirase da aplicación dun conxunto de instrumentos que se teñen seleccionado coa finalidade de obter a maior información posible, de xeito lonxitudinal, do funcionamento da persoa coa síndrome de Down a partir dos 35 anos. A Federación Down Galicia publicou no ano 2018 un folleto informativo que recolle as principais recomendacións sanitarias para as persoas adultas coa síndrome de Down. Na revisión do protocolo do ano 2023 inclúese unha segunda versión do documento, que recolle as achegas realizadas no Grupo de Traballo en Atención Médica. 

Desde o Colexio de Enfermería de Ourense non so apoiamos a formación constante dos profesionais sanitarios senón a concienciación sobre as melloras no coidado e atención sanitaria, especialmente para aqueles colectivos que presentan un maior risco de inclusión.


Imprimir  
We use cookies

Usamos cookies en nuestro sitio web. Algunas de ellas son esenciales para el funcionamiento del sitio, mientras que otras nos ayudan a mejorar el sitio web y también la experiencia del usuario (cookies de rastreo). Puedes decidir por ti mismo si quieres permitir el uso de las cookies. Ten en cuenta que si las rechazas, puede que no puedas usar todas las funcionalidades del sitio web.