Ourense, 22 febreiro 2024. Xa está dispoñible o Observatorio de Saúde Pública de Galicia. Trátase dun portal con información e datos abertos de saúde dispoñible tanto para profesionais como para cidadáns.
O Observatorio de Saúde pública de Galicia é unha unidade de análise e información sobre a situación da saúde pública de Galicia, dependente da Dirección Xeral de Saúde Pública (DXSP). Entre os contidos que se poden atopar no Observatorio de Saúde Pública de Galicia están diversos indicadores de resultados en saúde e indicadores de intervencións e programas.
A ferramenta dixital inclúe Perfís de Saúde que busca ofrecer unha visión detallada da saúde da poboación galega con 30 indicadores relacionados cos factores sociodemográficos, sistema de saúde, morbilidade e mortalidade, calidade ambiental e estilos de vida.
Outra dos apartados do Observatorio é Atopa Saúde, que establece un mapa de activos para a saúde de Galicia, para visibilizar os recursos e as actividades existentes nos distintos municipios galegos.
Podes acceder aos datos no Observatorio de Saúde Pública.