Programa termalismo

Aberto o prazo de presentación de solicitudes para o programa de termalismo social 2024

Ourense, 29 de xaneiro. O vindeiro mércores, 31 de xaneiro, abrirase o prazo de presentación de solicitudes para o Programa de Termalismo Social 2024 da Deputación de Ourense, que inclúe unha nova modalidade: o Termalismo Inclusivo, orientado principalmente, aínda que non de modo exclusivo, ás persoas con diversidade funcional e do sector da economía dos coidados.

Termalismo inclusivo

O termalismo inclusivo é unha iniciativa máis dentro do programa de Termalismo Social, ampliando así a modalidade do plan contra a soidade non desexada, como fórmula na que os balnearios convértense nun recurso sociosanitario contra a situación na que viven un importante número de persoas.

En 2024 o programa duplica as prazas contra a soidade non desexada, pasando dos 77 aos 160 beneficiarios, como fórmula na que os balnearios convértense nun recurso sociosanitario contra este tipo de situación

Estancias termais de 6 días

A modalidade principal seguirá sendo a de estancias termais de 6 días 5 noites de aloxamento, pensión completa, 10 tratamentos termais con asesoramento médico e animación sociocultural.

A terceira modalidade coa que se iniciou o Programa en 2013, pensada e deseñada para os balnearios sen establecemento hostaleiro é a de tratamentos terapéuticos de 10, 20 ou 35 tratamentos respiratorios, reumatolóxicos ou dermatolóxicos, sempre con revisión médica incluída.

Logo da aprobación das bases reguladoras e a súa publicación no BOP, as persoas interesadas poderán formular as súas solicitudes, para as que este ano contan cunha novidade: a "sinatura por voz" para as persoas que non dispoñan de ordenador ou certificado dixital. 


Imprimir  
We use cookies

Usamos cookies en nuestro sitio web. Algunas de ellas son esenciales para el funcionamiento del sitio, mientras que otras nos ayudan a mejorar el sitio web y también la experiencia del usuario (cookies de rastreo). Puedes decidir por ti mismo si quieres permitir el uso de las cookies. Ten en cuenta que si las rechazas, puede que no puedas usar todas las funcionalidades del sitio web.