RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se realiza o nomeamento como persoal estatutario fixo e a adxudicación de destino definitivo ás persoas aspirantes seleccionadas no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso na categoría de enfermeiro/a, convocado pola Resolución do 26 de decembro de 2022.
- Declárase finalizado o concurso de méritos da convocatoria excepcional no proceso selectivo de estabilización para o ingreso na categoría de enfermeiro/a, convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 26 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 4, do 5 de xaneiro de 2023).
- Noméase persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde, na categoría de enfermeiro/a, as persoas aspirantes seleccionadas que se inclúen no anexo desta resolución.