O novo “Calendario de inmunización ao longo de toda a vida” do Programa Galego de Vacinación, que entra en vigor o día 1 de outubro de 2023, inclúe como unha das novidades a vacinación fronte á meninxite cos 4 serotipos (A, C, W, Y) aos 4 meses, administrándose así en todas as idades (4 meses, 12 meses e 12 anos).
Ata agora, aos 12 meses e 12 anos empregábase a vacina Menquadfi® (Sanofi Aven- tis), que conta coa autorización de administración en ficha técnica a partir dos 12 meses. Por tanto deberase ter en conta que para a administración aos 4 meses so está autorizada por ficha técnica a vacina Nimenrix® (Pfizer).
Deste xeito, no momento actual convivirán dous tipos de vacinas fronte á Meninxite ACWY (Menquadfi® e Nimenrix®) e empregaranse do seguinte xeito:
- Menquadfi®: administrarase nos nenos/as aos 12 meses e 12 anos.
- Nimenrix®: administrarase aos lactantes aos 4 meses (autorizada en ficha técnica dende as 6 semanas).
Para máis información pódese consultar a instrución do “Calendario de inmunización ao longo de toda a vida” que se pode consultar no seguinte enderezo: Calendario de vacinación ao longo de toda a vida - Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde (sergas.gal)