A vicepresidenta do COE Ourense, María José Menor, recoñecida a nivel nacional co premio ‘Admirables 2023’ na categoría de Enfermería

WhatsApp Image 2023 05 26 at 13.41.11

De esquerda a dereita: Chari Serrano, directora de negocio na Área de saúde de Unidad Editorial; Enrique Ruiz Escudero, conselleiro de Sanidade da Comunidade de Madrid; Pilar Serrano, vicepresidenta da Asociación Madrileña de Salud Pública (AMaSaP) e directora de Metas de Enfermería; Jorge Mínguez, enfermeiro de Atención Primaria xubilado, anteriormente profesor de saúde comunitaria na Escola de Enfermería de A Rioxa; María José Menor, subdirectora de Humanización e Atención ao Cidadán da Área Sanitaria Santiago de Compostela-Barbanza e o director de Diario Médico, Daniel Aparicio. |FONTE: COE OURENSE

 

Ourense, 26 de maio de 2023. No Colexio Oficial de Enfermería de Ourense estamos de noraboa, xa que a nosa vicepresidenta, a doutora en enfermería María José menor Rodríguez, vén de ser unha das galardoadas na III edición dos premios ‘Admirables 2023’, certame posto en marcha polos líderes en información sociosanitaria Diario Médico e Correo Farmacéutico coa colaboración de Bidafarma e Pfizer.

A entrega de premios deste certame, que recoñece a traxectoria de profesionais da Medicina, da Farmacia, da Enfermería e da Investigación de toda España, tivo lugar na Real Fábrica de Tapices de Madrid, coincidindo coa celebración do 31º aniversario de Diario Médico.

A nosa vicepresidenta, María José Menor Rodríguez, subdirectora de Humanización e atención ao cidadán na Área Sanitaria Santiago–Barbanza do Sergas, cargo que compaxina coa investigación e a docencia universitaria, conta cunha extensísima traxectoria que a fixo merecedora deste galardón na categoría de Enfermería, o que recibiu de man do conselleiro de Sanidade da Comunidade de Madrid, Enrique Ruiz Escudero.

Tras recoller o seu galardón, María José Menor declarou que “este es un premio de reconocimiento profesional y personal de sacrificio y de apuesta por la mejora continua y la superación, pero sin duda sí es un reconocimiento a toda la profesión enfermera, y en concreto a las profesionales de enfermería de nuestra provincia, Ourense, que día a día lo dan todo por los pacientes y se esfuerzan por ser siempre mejores profesionales”. A galardoada engade que a enfermería ourensana estivo na súa figura representada en todo momento, xa que “ante todo soy gallega, soy ourensana y soy una profesional más del Sergas”.

 


Imprimir  
Usamos cookies

Este portal web únicamente utiliza cookies propias con finalidad técnica, no recaba ni cede datos de carácter personal de los usuarios sin su consentimiento. Sin embargo, contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas a las de OCE OURENSE que usted podrá decidir si acepta o no cuando acceda a ellos.