O COE Ourense, presente na homenaxe do COE A Coruña ás súas colexiadas xubiladas e ás que cumpren 25 anos na profesión

346859756 184579067420478 5667432873158903077 nPanorámica do salón que acolleu o evento de homenaxe no Hotel Finisterre de A Coruña o pasado venres | FONTE: COE Coruña.

 

Ourense, a 16 de maio de 2023. O pasado venres 12 de maio, Día da Enfermería, tivo lugar unha nova celebración da Homenaxe Profesional á Excelencia Profesional organizado polo Colexio Oficial de Enfermería de A Coruña (COE A Coruña). Nesta ocasión, as homenaxeadas eran as persoas colexiadas que se xubilaron no ano 2020, así como as que cumpriron 25 anos na profesión durante 2021.

O Hotel Finistererre da cidade herculina foi o enclave escollido para a celebración deste evento, ó que asistiu Ascensión Pérez Sampayo, presidenta do Colexio Oficial de Enfermería de Ourense, en representación da entidade. A xuntanza de Pérez Sampayo con Inés López Carral, presidenta do COE A Coruña, e máis con Lourdes Bermello, presidenta do COE Lugo, deixa entrever a irmandade existente entre as diferentes organizacións colexiais, implicadas no desenvolvemento conxunto de accións e apoio mutuo en prol da profesión enfermeira.

Trala recepción e a entrega de insignias, a presidenta do COE A Coruña, Inés López Carral, pronunciou un emotivo discurso que deu paso á cea de confraternidade, onde as homenaxeadas e o resto de asistentes desfrutaron dun intre para lembrar vellos tempos e compartir anécdotas e experiencias.   


Imprimir  
Usamos cookies

Este portal web únicamente utiliza cookies propias con finalidad técnica, no recaba ni cede datos de carácter personal de los usuarios sin su consentimiento. Sin embargo, contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas a las de OCE OURENSE que usted podrá decidir si acepta o no cuando acceda a ellos.