Panorámica do salón que acolleu o evento de homenaxe no Hotel Finisterre de A Coruña o pasado venres | FONTE: COE Coruña.
Ourense, a 16 de maio de 2023. O pasado venres 12 de maio, Día da Enfermería, tivo lugar unha nova celebración da Homenaxe Profesional á Excelencia Profesional organizado polo Colexio Oficial de Enfermería de A Coruña (COE A Coruña). Nesta ocasión, as homenaxeadas eran as persoas colexiadas que se xubilaron no ano 2020, así como as que cumpriron 25 anos na profesión durante 2021.
O Hotel Finistererre da cidade herculina foi o enclave escollido para a celebración deste evento, ó que asistiu Ascensión Pérez Sampayo, presidenta do Colexio Oficial de Enfermería de Ourense, en representación da entidade. A xuntanza de Pérez Sampayo con Inés López Carral, presidenta do COE A Coruña, e máis con Lourdes Bermello, presidenta do COE Lugo, deixa entrever a irmandade existente entre as diferentes organizacións colexiais, implicadas no desenvolvemento conxunto de accións e apoio mutuo en prol da profesión enfermeira.
Trala recepción e a entrega de insignias, a presidenta do COE A Coruña, Inés López Carral, pronunciou un emotivo discurso que deu paso á cea de confraternidade, onde as homenaxeadas e o resto de asistentes desfrutaron dun intre para lembrar vellos tempos e compartir anécdotas e experiencias.