O pasado venres 12 de maio, Día da Enfermería, no programa da Radio Galega ‘Galicia por diante’, Kiko Novoa entrevistou a Navor Pereira, enfermeiro dos equipos ESAD (Equipo Soporte Atención Domiciliaria) para atender nos seus domicilios a persoas inmobilizadas residentes no rural ourensán.
Na súa intervención, Navor falou da necesidade de facer ‘escoita terapéutica’, tirando de empatía e certa implicación, mais tamén da importancia de educar ao coidador para que non acabe sendo un paciente máis.
Tanto o Día da Enfermería, como o resto deles, recollemos as palabras de Navor para lembrar a importancia de ‘coidar a quen coida’: enfermeiras/os e coidadores/as tamén de coidados para non deixar de lado a súa saúde mentres coidan.