Nace ‘Ourensividad’, unha asociación que busca converter Ourense nun laboratorio de lonxevidade a través da promoción de produtos de proximidade e de hábitos saudables

 foto ourensividadUn momento da presentación da Asociación Ourensividad, este xoves pasado no Liceo de Ourense | FONTE: Liceo de Ourense (RRSS)

 

Ourense, a 21 de abril de 2023. O Salón Noble do Liceo de Ourense acolleu este xoves a presentación de ‘Ourensividad’, unha asociación creada para poñer en valor os alimentos de proximidade, os hábitos saudables e o termalismo. A este evento foi convidada a presidenta do Colexio Oficial de Enfermería de Ourense, Ascensión Pérez Sampayo, quen puido coñecer de primeira man as claves do proxecto, o que aspira a converter Ourense nun ‘referente mundial da lonxevidade’.

‘Ourensividad’ nace coma un punto de encontro formado e impulsado por diferentes profesionais do ámbito sanitario e das ciencias da saúde, así coma por profesores e asociacións que tamén contan cunha amplia traxectoria no eido da saúde. O seu obxectivo é, en palabras do seu presidente, o farmacéutico, dietista e nutricionista, Pablo G. Vivanco, “desenvolver medidas que conduzan a unha lonxevidade activa aproveitando que Ourense é un lugar idóneo para facelo”.

El mesmo foi o encargado de explicar neste evento que o que se pretende é crear “un grande produto turístico establecendo sinerxias cos diferentes colectivos, asociación e concellos da provincia”, así como coa recolla de patróns entre centenarios e a través de estudos xenéticos. Tódalas accións previstas, sobre as que se comezará a traballar en breve, están orientadas a converter Ourense nun “laboratorio de lonxevidade”. Por isto, a meta de Ourensividade é a de contribuír á creación de políticas sociais, enfocadas aos ámbitos saudables e á nutrición, que potencien o envellecemento activo da provincia.

Durante a presentación oficial da asociación, a que foi conducida polo xornalista Carlos Maceiras, tamén interviu a súa vicepresidenta, a farmacéutica e nutricionista Cristina Conde, xunto con José Manuel Lage, fundador do Museo Médico Rural Maceda. Este último abordou o papel vocacional do traballo da figura do médico do rural e a súa relación coa lonxevidade. Mentres que Cristina Conde falou do valor dos produtos de proximidade, protagonistas da nosa dieta, e que ostentan un elevado número de Denominacións de Orixe e Indicacións Xeográficas Protexidas. Así mesmo, enxalzou estes productos artesáns e ecolóxicos, de importante presenza no noso territorio, feito que contribúe a que Ourense se sitúe entre as zonas coa taxa de lonxevidade máis alta, superando incluso á prefectura de Okinawa ou Icaria, paradigmas mundiales da lonxevidade.

Dende ‘Ourensividade’ pretenden comezar a realizar próximamente unha serie de actividades orientadas á divulgación: cursos, conferencias e talleres, así como a publicación de artigos científicos e promoción de productos de proximidade, tanto en liña como con catas presenciais (aceite de oliva, viño, mel…), co obxecto de ir confeccionando recetarios e ‘menús lonxevos’, aínda que con perspectiva interxeneracional, que poidan ser ofrecidos en restaurantes e balnearios, potenciando a relación entre o termalismo e a alimentación saudable.

 

 


Imprimir  
Usamos cookies

Este portal web únicamente utiliza cookies propias con finalidad técnica, no recaba ni cede datos de carácter personal de los usuarios sin su consentimiento. Sin embargo, contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas a las de OCE OURENSE que usted podrá decidir si acepta o no cuando acceda a ellos.