DECRETO 32/2023, do 13 de abril, polo que se aproba a oferta de emprego público para a provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario con título de especialista en ciencias da saúde do Servizo Galego de Saúde para o ano 2023.
- Convócase procesos selectivos, polo sistema de concurso, co fin de impulsar a incorporación urxente, estable e permanente de persoal aos postos de difícil cobertura.
- Enfermeiro/a especialista de Saúde Mental necesario para o desenvolvemento do Plan de saúde mental de Galicia posCOVID-19 (período 2020-2024). 94 PRAZAS
- Con independencia do prazo que se estableza para solicitar a participación no concurso, a titulación de acceso deberá posuírse, ou estar en condicións de obterse por ter superada a formación conducente á obtención daquela, o último día do prazo de reclamación contra a lista provisional de admitidos/excluídos do proceso.
- A resolución pola que se faga pública a relación dos/das aspirantes seleccionados/as habilitará un prazo de dez días hábiles para presentar a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos na convocatoria.

