A presidenta do COE Ourense estivo presente na toma de posesión da nova xunta de goberno do Colexio de Economistas de Ourense

Imagen de WhatsApp 2023 03 29 a las 20.00.14

A presidenta do COE Ourense estivo presente na toma de posesión da nova xunta de goberno do Colexio de Economistas de Ourense | FONTE: COE OURENSE

Ourense, 31 de marzo de 2023. O remodelado edificio onde se ubica o Arquivo Histórico Provincial foi este mércores o escenario escollido para celebrar a toma de posesión da nova xunta directiva do Colexio de Economistas de Ourense.

A presidenta do COE Ourense, Ascensión Pérez Sampayo, quixo acompañar e apoiar neste acto a Mª del Carmen Sampayo David, a decana-presidenta do Colexio de Economistas de Ourense, quen renova deste xeito o seu mandato, ao que chegou en 2019, por catro anos máis.

Ao igual que ocorre no Colexio Oficial de Enfermería de Ourense, o Colexio de Economistas de Ourense está encabezado por unha muller que avoga por impulsar as relacións entre as institucións que representan e coa sociedade en xeral, levando a defensa do seu colectivo profesional por bandeira. Ademais, ambas presidentas teñen incrementado a presenza das súas institucións a grande escala no Consejo General de Economistas e no Consejo General de Enfermería, respectivamente.

Tralo acto de toma de posesión da nova xunta de goberno, que estivo presidido por Miguel Ángel Vázquez Taín, presidente do Consello Galego de Economistas, o encontro pechouse cun ágape no que os asistentes puideron coñecer de preto, de forma máis distendida, as liñas de traballo e obxectivos do Colexio de Economistas de Ourense para o desarrollo profesional do colectivo.


Imprimir  
Usamos cookies

Este portal web únicamente utiliza cookies propias con finalidad técnica, no recaba ni cede datos de carácter personal de los usuarios sin su consentimiento. Sin embargo, contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas a las de OCE OURENSE que usted podrá decidir si acepta o no cuando acceda a ellos.