A doutora África González pecha as xornadas divulgativas Referentes da Medicina coa presentación do seu libro 'Inmuno power'

Prensa Visto: 291

IMG 20230317 WA0004A doutora África González asinando a dedicatoria para o Colexio Oficial de Enfermería de Ourense ante a tesoureira da entidade, a enfermeira Olga Iglesias | FONTE: COE OURENSE.

 

Ourense, 17 de marzo de 2023. Onte tivo lugar a última das xornadas divulgativas ‘Referentes de la Medicina’ posta en marcha por Executivas de Galicia xunto coa asociación María Andrea e o Colexio Oficial de Médicos de Ourense. A encargada de pechar estas xornadas foi a médica e catedrática en inmunoloxía, África González Fernández.

A doutora e investigadora, quen presentou o seu libro Inmuno Power, estivo acompañada por Carla Reyes Uschinsky, presidenta de Executivas de Galicia, e por Pilar Garzón Guiteria, presidenta do Colexio Oficial de Médicos de Ourense e urxencióloga.

A nosa tesoureira, a enfermeira Olga Iglesias, estivo presente neste evento celebrado no Liceo, no que África González tivo o detalle de facernos chegar a súa dedicatoria para o Colexio Oficial de Enfermería de Ourense.

Esta presentación do libro de África González puxo o peche de ouro ás xornadas ‘Referentes da Medicina’, as que incluiron tamén as charlas das doutoras Mila Pedreira e María Graña en sesión previas. Aproveitamos a ocasión para agradecer o convite a estas interesantes xornadas e felicitar á organización das mesmas a Executivas de Galicia, ao Colexio Oficial de Médicos de Ourense e á Asociación María Andrea.

 

Imprimir