A vicepresidenta do COE Ourense, María José Menor, nominada aos premios ‘Admirables 2023’ na categoría de Enfermería

Captura_de_pantalla_2023-03-10_163254.png 

Ourense, 10 de marzo de 2023. A vicepresidenta do COE Ourense e doutora en enfermería, María José Menor Rodríguez, está nominada na IV edición dos premios ‘Admirables 2023’, certame posto en marcha polos líderes en información sociosanitaria Diario Médico e Correo Farmacéutico.

Este certame establece catro categorías: Farmacia, Investigación, Medicina e Enfermería. En cada unha delas hai dez persoas nominadas que aspiran a ser recoñecidas pola súa traxectoria profesional.

Entre os dez profesionais seleccionados na categoría de Enfermería atópase María José Menor, quen conta cunha extensísima traxectoria profesional coma enfermeira, educadora, profesora, xerente e investigadora, principalmente. A día de hoxe é subdirectora de Humanización e atención ao cidadán na Área Sanitaria Santiago–Barbanza do Sergas, cargo que compaxina coa investigación e a docencia universitaria.

Se queres votar por ela, lembra que podes facelo dende xa na propia web de Diario Médico, onde tamén poderás acceder en detalle ao seu perfil profesional. Os cinco finalistas máis votados polos usuarios en cada categoría serán dos que se valga despois un xurado profesional para escoller os tres gañadores de cada unha das categorías.

A entrega de premios, aínda sen data definida, coincidirá cun acto no que Diario Médico celebre o seu 31º aniversario como medio de información e análise da actualidade científica e sanitaria.


Imprimir  
Usamos cookies

Este portal web únicamente utiliza cookies propias con finalidad técnica, no recaba ni cede datos de carácter personal de los usuarios sin su consentimiento. Sin embargo, contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas a las de OCE OURENSE que usted podrá decidir si acepta o no cuando acceda a ellos.